lunes. 25.11.2024

Seso Durán na Fábrica de Chocolate: rock de autor cun son contundente

A banda ofreceu un convicente concerto de pop/rock de autor con algún toque indie que alternou os sons máis contundentes –especialmente en temas como “Desapareces” ou “Espello roto”­– con outros máis melódicos cando o músico substituíu a guitarra eléctrica pola acústica. Un pop/rock maduro que soprende en alguén que se iniciou no folk co grupo Liorna, do seu concello natal.
O músico, historiador e profesor marinense Xosé Manuel Durán, coñecido artisticamente como Seso Durán, presentou onte pola noite na Fábrica de Chocolate de Vigo o seu segundo álbum, Ascensión, editado no ano pasado.

Seso estivo acompañado no escenario por unha banda formada por cinco músicos armados de dúas guitarras eléctricas, un baixo, un batería e mais un teclado. El mesmo alternou a guitarra eléctrica con outra acústica.

A banda ofreceu un convicente concerto de pop/rock de autor con algún toque indie que alternou os sons máis contundentes –especialmente en temas como “Desapareces” ou “Espello roto”­– con outros máis melódicos cando o músico substituíu a guitarra eléctrica pola acústica. Un pop/rock maduro que soprende en alguén que se iniciou no folk co grupo Liorna, do seu concello natal.

A banda tocou tamén o novo single de Seso, “A voz interior” (“Coidado coa vez interior, que é traicioneira, sabes?), lanzado hai só unhas semanas, a mediados de decembro, así como algún tema do primeiro álbum do músico, Os sons da memoria (2017), un disco conceptual en que uniu as súas dúas paixóns, a música e mais a historia, para revisar o terror vivido tras o golpe de Estado de 1936 nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo, como “Home” ou “O cemiteiro das botellas”.

Ascensión foi producido, gravado e mesturado por Iago Lorenzo (Agoraphobia, Presumido, Furious Monkeyhouse, Voltaica, Heredeiros da Crus…), masterizado por Robin Schmitd de 24-96 Mastering Studio e editado por Inquedanzas Sonoras.

A banda tocou tamén o novo single de Seso, “A voz interior” (“Coidado coa vez interior, que é traicioneira, sabes?), lanzado hai só unhas semanas, a mediados de decembro, así como algún tema do primeiro álbum do músico, Os sons da memoria (2017), un disco conceptual en que uniu as súas dúas paixóns, a música e mais a historia, para revisar o terror vivido tras o golpe de Estado de 1936 nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo, como “Home” ou “O cemiteiro das botellas”.

En Ascension, a música faise cómplice dunhas letras comprometidas en galego (canto se agradece o rock no noso idioma, un xénero que algúns querían reservar só para o inglés ou, como moito, o castelán) que falan de cuestións relevantes e preocupantes do mundo actual: a violencia de xénero, a soidade no mundo das redes sociais, o estrés da vida dixital, o amor incondicional, a crise ecolóxica, etc.

Aínda que escaso, o público amosou en todo momento unha complicidade moi gratificante para os músicos. O principio, mantívose un tanto afastado do escenario, o que deu pé a que Seso, tras cantar “O país non país”, en que fala da idiosincrasia galega, afondase neste asunto cun comentario tan simpático como lúcido: “Este foso que se formou aquí entre nós e vós si que é un símbolo da forma de ser dos galegos. Por favor, achegádevos un pouco máis”.

En definitiva, un convincente exercicio de pop/rock de autor que promete novas achegas moi interesantes.

Comentarios