O Plan Integrado de Emprego do Porriño xa está en marcha cun obxectivo moi claro: mellorar a ocupabilidade e a promover a inserción laboral dun centenar de porriñeses/as.
Nesta iniciativa de emprego e formación, promovida pola Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, participan 100 persoas desempregadas, que ao longo dun ano recibirán de información, orientación e asesoramento para a búsqueda de emprego.
O Concello do Porriño impulsa este programa co compromiso de acadar o 45% de inserción laboral dos participantes e en todo caso, dotalos das ferramentas que precisan para mellorar a súa empregabilidade.
“A mellor inversión que un concello pode facer é a dirixida a ofrecer á súa veciñanza é a súa capacitación e accesibilidade a un posto de traballo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Non deixaremos de traballar e facer todo o que estea na nosa man para ofrecerllo”.
O rexedor, que participou na entrega de material e presentación dos/as participantes, aproveitou para trasmitirlles “o respaldo do Concello e de todo o equipo de Porremprego neste proceso que emprendedes de búsqueda de emprego, estamos aquí para axudarvos e acompañarvos”.
E é que durante todo o proceso contarán cun seguemento personalizado de inserción adaptado e individualizado para cada unha das persoas participantes.
Ademais, impartirase formación, coa organización de diversos cursos. De maneira complementaria levaranse a cabo técnicas de coaching, intelixencia emoción ou técnicas de motivación para a búsqueda de emprego. Desenvolveranse obradoiros nos que entrenen habilidades sociolaborais e simulación de entrevistas.
Outro dos eixos transversais deste programa é o do fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial e mobilidade laboral. Ademais realizarase un casamento adecuado entre a oferta e a demanda, recollendo a oferta laboral existente na controna e seleccionando ás/os candidatos/as idóneos para cubrila.
Unha vez concluída a formación teórica e práctica, complementarase coa realización de prácticas profesionais en empresas colaboradoras baixo a supervisión dun tutor.
Para a posta en marcha deste Plan Integrado de Emprego, o Concello do Porriño contou cunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de 220.000 euros, aos que se suma unha aportación municipal de 55.000 para a mellora da empregabilidade no municipio.