sábado. 23.11.2024

O Concello de Ponteareas informa do aumento de casos que a día de onte se situaba en 33 e amosa a súa preocupación polo novo ascenso despois de ter baixado aos 21 e manterse dende o 28 de decembro ata o día de Reis.

Observando que Ponteareas oscilaba entre os 21 e 24 casos dende o 28 de decembro e sabendo que por estar tres días con maior incidencia non é representativo. A alcaldesa en funcións, Fernández Davila, considera convinte informar á veciñanza desta circunstancia para que non se baixe a garda e se actúe con responsabilidade.

Davila insta á cidadanía a extremar as medidas de seguridade e hixiene e recomenda non achegarse a poboacións con peche perimetral.

A alcaldesa en funcións adianta que, de momento, Ponteareas non foi convocada a ningunha reunión coa Consellería de Sanidade e a Área Sanitaria de Vigo e explica que se houbese cambios na normativa sanitaria por Covid que nos afectasen negativamente sería convocada unha reunión da Comisión de seguemento de xeito inmediato.

"Frear os contaxios é cousa de todos e todas. Volvemos solicitar a colaboración da cidadanía para extremar as precaucións e non saír do noso concello agás que sexa imprescindíbel para poder reducir o número de contaxios e non ter que volver sufrir restricións nin consecuencias sanitarias non desexadas", afirma Fernández Davila.

Ponteareas recomenda non achegarse a poboacións con peche perimetral