domingo. 24.11.2024

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo en marca unha iniciativa na que os veciños e as veciñas deberán resolver un xogo de pistas consistente en atopar tres figuras distribuídas en tres escaparates diferentes dos establecementos do municipio.

Toda vez que as localicen, deberán enviar un correo á dirección [email protected] cos nomes dos comercios onde atoparon as figuras así como a cor de cada unha delas xunto ao seu nome, apelidos e número de teléfono. Deste xeito, entrarán nun sorteo, que se celebrará o día 9 de maio, dun menú degustación para dúas persoas no restaurante A Xanela.

Ponteareas pon en marcha un xogo de pistas en escaparates para impulsar comercialmente...
Comentarios