jueves. 21.11.2024

Despois de varios meses de traballo de investigación impulsados polo Concello de Salvaterra vén de iniciar os traballos de prospección superficial intensiva, sondeo valorativo e limpeza de gravado rupestre no xacemento de Os Castros  que se encontran ubicados entre Lourido e Soutolobre.

Os traballos arrancan no ano 2019 cando o grupo de goberno encarga a un arqueólogo a valoración de varios achados que se descubriran despois dos incendios que asolaran a zona. O que describe este informe é unha realidade arqueolóxica moi complexa, que dende esa data, se ven analizando.

Nese informe defínense varias secuencias cronolóxicas e arqueolóxicas que se dan nese mesmo emprazamento. A existencia de polo menos tres potenciais abrigos prehistóricos acompañados de distintos paneis de petróglifos. Se cataloga tamén  a través deste traballo un petróglifo, un asentamento castrexo e descóbrese unha explotación aurífera de época romana. Ademais encóntranse elementos tardo antigos como sepulcros no entorno.

As actuacións que está realizando nestes intres o concello corresponden a unha prospección superficial e intensiva nunha área de afección de 200m co fin de determinar con exactitude o número de adscrición tipolóxica co fin de posibilitar unha percepción máis axustada a súa realidade arqueolóxica que nos permita acortar a súa extensión e proceder a súa protección.

Con este traballo preténdese buscar apoio por parte da Consellería para seguir co traballo de campo en toda a zona e por en valor o gran patrimonio do xacemento.

Salvaterra impulsa os traballos arqueolóxicos en Os Castros
Comentarios