Lítore Quartet actúa o vindeiro venres,28, no igrexa de San Vicente de Barrantes, Tomiño, a partir das 20.30 horas. Todos os públicos. De balde. Lítore Quartet é unha formación centrada no estudo e difusión do repertorio para cuarteto de saxofóns. Entre os catro mozos compoñentes destaca o tomiñés Hugo Lomba. Eles tratan de amosar un repertorio fresco no que apoian e difunden música de nova creación.
Teñen participado en numerosos festivais e concursos, tanto de ámbito nacional coma internacional. Malia súa curta traxectoria, teñen recollido numerosos galardóns coma o Premio Art Jove Mallorca 2020, o
terceiro premio King's Peak International Music Competition dos EEUU en 2021 ou o primero premio no Concurso de Múisca de Cámara (CSMB) de Palma 2022, entre outros.