domingo. 24.11.2024

Iñaki Barturen está no colectivo de artistas 'Alterarte' que presentan as súas novidades na sala Nauta de Sanxenxo. Os cadros de Barturen, de estilo abstraccionista, son toda unha explosión de cores intensas e refrescantes, nunha paleta onde predominan as cores primarias.

A mostra que abriu o 17 de agosto pecha mañá, día 23, no  Porto Deportivo de Sanxenxo. O horario é de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 00.00 horas.

WhatsApp Image 2022-08-17 at 9.05.45 PM

'Sanxenxo coa Arte', pintura e escultura, é o resultado de varias creacións que se complementan con exposicións anteriores e que comunican a forza e o sentir dos artistas participantes cunha linguaxe universal para pensar e imaxinar.

Poder disfrutar desta exposición colectiva onde conviven diferentes estilos, técnicas e materiais, é enriquecedor a todos os niveis, para desentrañar os fíos invisibles que conectan as obras de arte e a sociedade.

Os artistas que presentan os seus traballos nesta ocasión son: Lurdes Meis, Mercedes Gozalo, Lorena Saavedra, Carmen Balbuena, Pimira, María Fortes Blanco, Marisa Vázquez, Diana Cordero, Tania Ulloa, Áurea Pousa, Teresa Vieitez, José Fervenza, Constantino González, Iñaki Barturen, Ana Padín.

A explosión de cor abstraccionista de Iñaki Barturen
Comentarios