jueves. 21.11.2024

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa conselléría de Promoción do Emprego e Igualdade vai desenvolver un curso de formación en competencias dixitais, para mulleres dentro do programa Galegas Dixitais

Este programa está dirixido a mulleres traballadoras ou desempregadas que vivan nun concello rural, como o  municipio de Salvaterra, e pretendan aprender a usar as novas tecnoloxías tanto para o día a día como para o seu traballo ou negocio e para mellorar a súa capacidade de empregabilidade, no caso das mulleres traballadoras.

O curso desenvolverase na Casa da Cultura de Salvaterra en horario de 16.00 a 21.00h. Ao remate do curso recibirán un ordenador portátil totalmente gratuito.

 Para inscribirse non é preciso ningún requisito, solo facer a solicitude no teléfono 604039575.

Formación dirixida a mulleres traballadoras ou desempregadas que vivan en Salvaterra
Comentarios