lunes. 13.01.2025

Ponteareas quere que os nenos e nenas da vila aprendan a xogar da maneira que aprenderon os seus avós e avoas. A concellaría de Cultura organiza ao longo deste mes catro xornadas de xogos tradicionais en varios espazos do municipio para 'aprender xogando', expón o concelleiro, Fernando Groba.

Todas estas xornadas celebraranse ás 19.00 horas. A primeira será mañá na Urbanización Ponteareas Cidade, a segunda o próximo mércores 18 no parque das Pombas, a terceira o día 25 na praza Maior, e a última o mércores 1 de setembro no parque da Perillana.

“Queremos por en valor os xogos cos que creceron os nosos maiores”, expón Fernando Groba. No Concello animan aos nenos e nenas a acudir a estas xornadas e, de ser posible, a que o fagan con seus avós e avoas para partillar historias entre todos e todas.

'Aprender xogando', en catro xornadas de xogos tradicionais en Ponteareas