Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, acudirá mañá xoves ás instalacións do Grupo Zendal no municipio para recibir e acompañar a Carolina Darías, ministra de Sanidade, que coñecerá de primeira man o proceso de elaboración de vacinas contra a Covid.
Nas instalacións de 'Biofabri', unha das plantas do Grupo Zendal, en alianza coa compañía farmacéutica americana Novavax.
Así mesmo, as instalacións de Biofabri en Porriño están a traballar no desenvolvemento doutra vacina, exclusivamente española, en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
A ministro manterá unha reunión de traballo cos responsables do Grupo Zendal e realizará unha visita ás instalacións. Estará acompañado pola alcaldesa de Porriño e tamén por María Jesús Lamas, directora da Axencia Española do Medicamento e Javier Losada, delegado do Goberno central para Galicia.
O pasado mes de novembro foi o ex-ministro de Sanidade, Salvador Illa, quen viaxou e visitou as instalacións do Grupo Zendal no Porriño, tamén en compañía da alcaldesa, momento que se corresponde coa imaxe adxunta.