viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 41.800 deles 7.466 son da área da Coruña, 3.556 da de Lugo, 4.423 da de Ourense, 5.581 da de Pontevedra, 10.403 da área de Vigo, 7.936 da de Santiago e 2.435 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 270 en unidades de hospitalización e 41.480 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 200.516 persoas curadas, rexistrándose 2.764 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.308.201.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.849.137.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 41.800 casos activos, 10.403 na área de Vigo, por coronavirus