A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.262 deles 3.325 son da área da Coruña, 1.505 da de Lugo, 2.619 da de Ourense, 3.010 da de Pontevedra, 6.190 da área de Vigo, 2.696 da de Santiago e 917 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 19.994 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 194.231 persoas curadas, rexistrándose 2.742 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.209.598.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.717.969.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.