viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.797 deles 2.216 son da área da Coruña, 949 da de Lugo, 2.712 da de Ourense, 2.250 da de Pontevedra, 4.743 da área de Vigo, 1.372 da de Santiago e 555 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 221 en unidades de hospitalización e 14.527 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 189.576 persoas curadas, rexistrándose 2.718 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.145.461.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.537.496.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 14.797 casos activos por coronavirus