A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.221 deles 1.719 son da área da Coruña, 749 da de Lugo, 2.708 da de Ourense, 1.858 da de Pontevedra, 3.885 da área de Vigo, 826 da de Santiago e 476 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 243 en unidades de hospitalización e 11.929 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 186.440 persoas curadas, rexistrándose 2.699 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.097.413.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.355.891.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.