viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.677 deles 1.472 son da área da Coruña, 704 da de Lugo, 2.550 da de Ourense, 1.465 da de Pontevedra, 3.352 da área de Vigo, 704 da de Santiago e 430 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 10.417 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 184.859 persoas curadas, rexistrándose 2.693 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.072.964.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.263.938.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 10.677 casos activos por coronavirus