viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.179 deles 298 son da área da Coruña, 119 da de Lugo, 287 da de Ourense, 95 da de Pontevedra, 182 da área de Vigo, 103 da de Santiago e 95 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 36 en unidades de hospitalización e 1.133 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.566 persoas curadas, rexistrándose 2.655 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.929.569.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.588.954.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Galicia rexistra un total de 1.179 casos activos por coronavirus