A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.077 deles 277 son da área da Coruña, 101 da de Lugo, 271 da de Ourense, 87 da de Pontevedra, 160 da área de Vigo, 94 da de Santiago e 87 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 37 en unidades de hospitalización e 1.028 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.532 persoas curadas, rexistrándose 2.655 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.927.101.
número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.586.256.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.