O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto cos vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, e o deputado Jorge Cubela, participou no acto polo 12º aniversario de PontevedraViva. O evento contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e varios alcaldes da área de Pontevedra, destacando a presentación da nova web do xornal.