Para a presidenta de OdiseIA, os sistemas algorítmicos “poden ser unha axuda para monitorizar e analizar as representacións de xénero nos medios de comunicación e na publicidade, axudando a que sexan máis equitativas e diversas”Miren Gutiérrez, investigadora da Universidad de Deusto, sinala que “as plataformas e os seus algoritmos teñen un papel fundamental na promoción da desinformación de xénero, facendo que esta sexa máis viral e adictiva que a propia información”A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, Elena Rivo, salientou “o papel das comunicadoras e comunicadores para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, e un espírito crítico que permita empregar a IA con responsabilidade e perspectiva de xénero”O reitor da USC, Antonio López, afirmou que “debemos complementar a intelixencia artificial coa intelixencia natural dos profesionais da comunicación para que non siga incrementándose a fenda de xénero que xa existe”