sábado. 27.04.2024

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, en colaboración coa Federación de Comercio Banastra, organiza un concurso de relatos ilustrados de Nadal para espertar a creatividade da veciñanza e descubrir os novos talentos das letras e da ilustración.

Os relatos terán como máximo 500 palabras e estarán relacioandos co Nadal e ambientados no Concello de Ponteareas.

As bases establecen tres categorías en función da idade dos/as autores/as:

1. Categoría infantil, de 9 a 13 anos

2. Categoría xuvenil, de 14 a 18 anos

3. Categoría adulto, maiores de 18 anos

As creacións escritas en lingua galega deberán ir acompañados de calquera tipo de ilustracións (debuxos, fotografías ou decoracións) elaboradas polos/as autores/as.

Cada participante só pode enviar un relato antes do 15 de decembro a [email protected]

As 10 mellores obras publicaranse no Facebook Cultura e Turismo. (@visitponteareas) e haberá  tres gañadores en cada categoría.

Categoría infantil:

1.º premio: unha tableta máis diploma acreditativo

2.º premio: material deportivo máis diploma acreditativo

3.º premio: altofalante con mp3 máis diploma acreditativo

Categoría xuvenil:

1.º Premio: vale de 100 €, cambiábel en comercios adscritos a Banastra, máis diploma acreditativo

2.º Premio: vale de 75 €, cambiábel en comercios adscritos a Banastra, máis diploma acreditativo

3.º Premio: vale de 50 €, cambiábel en comercios adscritos a Banastra, máis diploma acreditativo

Categoría adulta:

1.º Premio: vale de 100 €, cambiábel en comercios adscritos a Banastra, máis diploma acreditativo

2.º Premio: vale de 75 €, cambiábel en comercios adscritos a Banastra, máis diploma acreditativo

3.º Premio: vale de 50 €, cambiábel en comercios adscritos a Banastra, máis diploma acreditativo

Os premios son cedidos pola Federación de Comercio Banastra e entregaranse durante unha actividade cultural do Nadal 2020, sempre que as restricións sanitarias pola Covid-19 o permitan.

Fernando Groba Bouza, Concelleiro de Cultura, invita a toda veciñanza a participar neste concurso para que todos gocemos do espírito do Nadal.

Concurso de relatos ilustrados de Nadal para espertar a creatividade da veciñanza...