lunes. 25.11.2024
O Concello presentou a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns na que, este ano, inclúese unha ruta para poñer en valor o patrimonio do municipio cunha visita ao Castro da Croa. Esta actividade estará guaida polo xeólogo Óscar Pazos. No acto, participaron a alcaldesa, Nava Castro, o edil de Ensino, Ricardo González así como Alejandro Rodríguez e Florencio Porto, coordinador das xornadas e secretario da Asociación Cultural e Fundación Guláns, respectivamente.

Así, a Feira de Minerais de Guláns dará comezo o 3 de maio e desenvolverase ata o domingo 5 de maio incluído. O programa inclúe actividades nos centros educativos da vila onde o Grupo Micolóxico e Xeolóxico Galego e a Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo impartirán diferentes obradoiros.

A ruta para coñecer o legado relacionado coas minas de ouro celébrase o sábado e terá unha duración aproximada de 3 horas. O xeólogo Óscar Pazos será o encargado de guiar esta actividade na que se dará a coñecer as características do terreno así como a importancia destas construcións. As persoas deberán anotarse na Biblioteca Municipal.

Paralelamente a estas actividades, durante toda a fin de semana estará aberta unha feira comercial cun total de 10 expositores de Galicia e Portugal en horario de 10:00 a 21:00 horas. 

O edil de Ensino, Ricardo González, apuntou que “este evento é algo máis que unha exposición de minerais. Trátase dunha oportunidade única para compartir coñecementos e aprender outros novos da man de profesionais da materia. Un ano máis, comprobaremos a importancia dos minerais nos diferentes aspectos da nosa contorna”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, indicou que “estou segura de que a sexta edición de Minerais de Guláns será un gran éxito e deixará unha impresión duradeira nas persoas que nos visiten porque coñecer máis sobre os minerais e tamén saber máis sobre o mundo que nos rodea”.

Feira comercial dos minerais cun total de 10 expositores de Galicia e Portugal en...
Comentarios