viernes. 26.04.2024

O

Concello do Porriño axiliza esta semana o pagamento a proveedores por un

importe global de 400.000 euros correspondentes a facturas deste primeiro

trimestre co propósito de inxectar líquidez na economía local, prácticamente

paralizada pola situación de estado de alarma sanitaria.

“Seguimos

intentado paliar os efectos desta pandemia mediante o pago a pequenos

proveedoresde tal xeito que esta semana axilizaronse trámites para aboar

400.000 euros en facturas pendentes do primeiro trimestre deste ano”, declarou

a alcaldesa Eva García.

A

rexidora indicou que mediante tele traballo tanto Intervención, Tesoreria, Secretaria

e a propia Alcaldía “seguen a tramitarse máis pagamentos tanto por suministros

como luz, telefonía e recollida de basuras así como con servizos prestados por

outros proveedores cuia licitación está en marcha”, rematou Eva García.

Lembremos

que en materia económica o Concello do Porriño acordou hai unha semana o

aprazamento de todas as obrigas tributarias municipais ata que rematen as

medidas de confinamento.

O Concello do Porriño contribue a líquedez dos seus proveedores pagando 400 mil euros...