Ademais do Odyssey e diferentes cuestións relacionadas coa historia da navegación, nas últimas xornadas que organizou a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos na Escola Naval de Marín, tamén se falou das galeras.
Unha galera, como dixo José R. Vallespín (director da Revista de Historia Naval), é un barco de madeira e remo que busca ter unha gran velocidade e manobralidade. En ocasións podían levar vela, pero non en combate; só para rápidos desprazamentos. Hoxe son menos importantes porque xa hai mísiles, pero na batalla de Lepanto foron decisivas.
As galeras pelexaban de fronte e abordaban fisicamente ao barco inimigo, metendo o espolón que levaban na proa doutro barco para afundilo. Ademais de danalo, quitábanlle o motor -que eran os remos- e asaltábano. Cervantes, que pelexou en Lepanto, dicía que se caes dunha escaleira en terra levas unha costalada, pero se caes ao mar non saes.
A orixe das galeras son os barcos exipcios, moi alongados para que o remo produza velocidade. Nalgúns barcos atenienses había remeiros en tres pisos, sendo difícil comprender o rendemento dos que estaban nos superiores. As de orixe bizantina tiñan unha máquina posta na proa que botaba lume ao inimigo, sendo o preludio da pólvora; e a lume dos venecianos foi un segredo moi gardado, tanto que non coñecemos a fórmula que utilizaban.
As galeras medievais estaban no Mediterráneo porque alá eran as guerras. Para cruzar o Atlántico, en cambio, vaise con velas porque senón se vai polas Canarias e o Caribe non hai vento. Nas galeras non cargaban moito para gañar velocidade. Lanzaban o espolón e logo sacábano co émbolo porque quedaban atados ao barco no que quedaba incrustado.
Sobre a galera maltesa, Vallespín dixo que a Orde de Malta foi moi avanzada. Proporcionalmente eran poucos, pero especialistas e moi aguerridos e, aínda que tiña un compoñente relixioso, a veces se facían con barcos venecianos.
Logo os galeóns desprazaron ás galeras porque levaban canóns e estes ocupan espazo (preto da auga); o cal provoca que haxa que ir suprimindo remos. Con estes diminúe a importancia da velocidade (remeiros) e a artillería ocupa o seu lugar; sendo o que acaba con ambos a aparición do motor, ao non precisar de remeiros.
O temón da galera era un obxectivo a bater porque sen el non pode moverse onde quere. A guerra facíase no verán; por iso chamase marzo cando empezaba (Marte era o deus da guerra). As velas eran auxiliares, pois o sistema de propulsión eran os remeiros.
Segundo Vallespín no Palacio de Cibeles, sede do concello de Madrid, as gorgas son proas de galeras e o que chaman “la rubia” un mascarón de proa. Todo un homenaxe ás añoradas galeras.