jueves. 21.11.2024

Pensamento lateral

O outro día escotei falar do pensamento lateral por primeira vez. Brais estaba sorprendido de que ninguén dos que quedamos a xantar en Santiago tiveramos escoitado falar nunca del, e fíxonos unha explicación entusiasta de en que consiste.

O outro día escotei falar do pensamento lateral por primeira vez. Brais estaba sorprendido de que ninguén dos que quedamos a xantar en Santiago tiveramos escoitado falar nunca del, e fíxonos unha explicación entusiasta de en que consiste.

O dito termino foi creado por Edward Bono, presentándoo -no seu libro New Think: The use of lateral thinking- como una técnica para resolver problemas e situacións dun xeito imaxinativo e creativa.

Así como o pensamento vertical encadea as ideas utilizando a lóxica para chegar a unha conclusión, o pensamento paralelo ou lateral utiliza vías non convencionais para alcanzalas. Como cando despois de dicirnos isto Brais viu que poñíamos cara de non entender, por sorte, á metade da súa explicación decidiu preguntarnos: “A ver, non vos pasou algunha vez que, dando voltas a un asunto, non atopades a resposta e de súpeto aparece a solución mentres estades cantando na ducha?”.

Aí, como todos contestamos que si, Brais -pletórico- engadiu que cando a mente se centra en descifrar un problema, ás veces cégase e non somos quen de dar coa solución porque entramos en bucle.  Pola contra, cando estamos relaxados sen poñer a atención en nada, as neuronas son quen de conectarse e dar coa solución como por arte de maxia.

A continuación, fíxonos algunhas preguntas -aparentemente sen solución- para comprobar o grado de lateralidade do noso pensamento. Na primeira tiñamos que explicar se era posible que un pendente caera nunha cunca de café sen mollarse. Ao ver que non demos ningunha resposta válida, díxonos: “Se en vez de aplicar a lóxica de sempre forades máis creativos, tiverades acertado. O voso erro foi pensar que o café só pode ser líquido, pero se o pendente caeu nunha cunca de café en gran, seguiría seco”.

Na segunda tampouco soubemos responder como se chama en Francia a un ascensor; dicíndonos que a resposta, como en calquera país, era “apertando o botón de chamada”. E na última, ao non descubrir como se podían atar dúas cordas dun metro que estaban separadas catro metros entre si, díxonos que atando cada unha porque a pregunta non exixía atar ambas.

Ao final da súa explicación, non nos quedou outra que recoñecer que abrir a mente en todas as direccións -e non só na habitual- para resolver un problema, parecíanos moi ben.

Efectivamente se ao razoamento propio da lóxica úneslle outros que permiten ter outras perspectivas ou enfoques, chegas máis lonxe. Como cando quen o necesita utiliza lentes progresivas para ver ben dende calquera distancia grazas a que o cristal ten varios focos, non si?

Pensamento lateral
Comentarios