jueves. 09.05.2024

Cultura da queixa

Un día que tomando un café saíu o tema da polarización existente en determinadas cuestións, comezando polas políticas, Vicente comentou que un 20 % das persoas están amargadas. Ao preguntarlle como podía dicir isto con tanta seguridade, contestounos que era un fenómeno moi estudado. Dino os expertos -dixo sen pestanexar-. A máis outro 20 % forma parte das persoas “amargables” porque poden acabar pasando ao primeiro grupo cunha grande facilidade.

Un día que tomando un café saíu o tema da polarización existente en determinadas cuestións, comezando polas políticas, Vicente comentou que un 20 % das persoas están amargadas. Ao preguntarlle como podía dicir isto con tanta seguridade, contestounos que era un fenómeno moi estudado. Dino os expertos -dixo sen pestanexar-. A máis outro 20 % forma parte das persoas “amargables” porque poden acabar pasando ao primeiro grupo cunha grande facilidade.

Como -dixémoslle estrañados-. Por falta de autodominio -contestou-. Ante determinados impulsos as persoas amargadas reaccionan dun xeito instintivo. Tan instintivo que se lanzan contra quen actúa ou pensa diferente como se fora un inimigo, aínda que o escoitado non pase dun simple comentario. Polo que contou, sería algo parecido á hipóteses do estímulo-resposta de Paulov; coa diferenza que mentres nos animais se cumpre invariablemente, nos seres humanos pode reconducirse dependendo do grao de madurez.

Conforme avanzaba a conversa, lembreime de Michael, quen din que os nenos demasiado mimados acaban protestando e botando a culpa aos demais de todo e, por iso, non son felices nin son quen de facer amigos.

As persoas amargadas, ao botar fora o que levan dentro, estragan a contorna; sendo elas as primeiras prexudicadas porque se alporizan continuamente.

A historia que contou María do que veu hai uns días na saída do colexio é ilustrativa. Cando despois de recoller a súa filla, veu a un avó que se achegou a recoller o seu neto, este comezou a insultalo por ter chegado tarde. E en vez de dicirlle ao cativo que era un mal educado, non lle dixo nada, asustado.

Sobre a política, Jesús dixo que non compensa poñerse o mesmo nivel de quen, en vez de razoar, insulta. De facelo, colaboras co que queres evitar, agrandando a porcentaxe do 20 % dos amargados. Por iso, é mellor calar ou tirar da retranca. E puxo como exemplo a un amigo que cando se atopa con alguén que enviste a todo o que se move, escoita de tal xeito que o outro cre que é dos “seus” e queda sen coñecer o que pensa.

Para Marta aos avinagrados e os augafestas hai que procurar evitalos porque son un perigo para a psique. Vive como queiras -repite sempre-, pero sen deixarte influír por eles.

A divisoria entre os amargados e quen saben gozar das cousas sinxelas é moi grande, aínda que pode haber tras bases entre ambos. Pero os máis volátiles son os “amargables”, os cales poden pasar ao grupo dos amargados en calquera momento.

As persoas amargadas son moi vulnerables. Tanto que ante determinados estímulos se disparan automaticamente e descarrilan do seu propio camiño.

A sociedade humana é como a natureza. Así como a auga e o sol xeran vida, os residuos que se botan aos mares, os ríos e os bosques esnaquízano todo. Mentres a cultura da queixa enrarece o ambiente familiar, laboral e social e non arranxa nada; o optimismo, a ledicia e ver as cousas boas dos demais xera un ambiente san e saudable. Pero iso, para que funcione, hai que levalo dentro.

 

Cultura da queixa
Comentarios