viernes. 22.11.2024

Amtega, Eezon, Jealsa e Abanca, Premios á innovación galega

En Galicia a innovación é relevante e necesaria tanto para o tecido empresarial como para a Administración polo modo en que axuda a mellorar a prestación dos servizos públicos. Nese sentido están os avances conseguidos coa aplicación das TIC ao sistema galego de saúde, ou proxectos como a Cidade das TIC e o Polo Aeroespacial de Galicia, que é o maior proxecto de Galicia en compra pública innovadora. 
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avogou este xoves

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

por seguir impulsando a innovación desde a colaboración público-privada para consolidar unha Galicia máis verde e dixital.

Así o manifestou no acto de entrega dos II Premios á innovación galega, organizados por Vodafone e La Voz de Galicia e nos que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira. De feito, nesta edición recoñeceuse o labor da propia Amtega co galardón ao servizo á cidadanía, e na que tamén foron premiadas as empresas Eezon e Jealsa e a Abanca.

Conde salientou que en Galicia a innovación é relevante e necesaria tanto para o tecido empresarial como para a Administración polo modo en que axuda a mellorar a prestación dos servizos públicos. Nese sentido, mencionou os avances conseguidos coa aplicación das TIC ao sistema galego de saúde, ou proxectos como a Cidade das TIC e o Polo Aeroespacial de Galicia, que é o maior proxecto de Galicia en compra pública innovadora. Iniciativas, lembrou, que a Xunta presentou na recente misión comercial a Colombia.

Segundo dixo, no complicado escenario que estamos a vivir, a Xunta está concentrando todos os seus esforzos en aprobar medidas inmediatas para os sectores máis afectados pola crise, pero tendo moi presente os retos do medio e longo prazo como son a transición ecolóxica e dixital.

Neste contexto, destacou que agora é o momento de facer da biotecnoloxía un sector estratéxico, non só para protexerse de futuras emerxencias sanitarias, senón tamén para impulsar un modelo económico máis verde e sustentable. Pola súa transversalidade e capacidade de adaptación, abondou, a industria biotech é unha panca de innovación que reactiva, potencia e valoriza sectores tradicionais. E, ao respecto, apuntou que a Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025 que a Xunta de Galicia deseñou para o sector -período no que se prevén mobilizar 660 M€- vai nesa dirección.

Amtega, Eezon, Jealsa e Abanca, Premios á innovación galega