viernes. 22.11.2024

O programa Connect-19 reuniu nunha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións para a loita contra o impacto da COVID-19 a 20 empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Ao longo de cinco meses recibiron apoio para a comercialización dos seus produtos e/ou servizos, destinados a reducir os efectos sociais e económicos provocados pola pandemia. O Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas, Ourense) e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación, Gain- puxeron en marcha este programa que se presenta mañá.

20 empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica presentan solucións para a loita...