domingo. 24.11.2024

A Xunta pedirá a creación de cinco novos xulgados exclusivos de violencia de xénero en Galicia

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou este mércores que a Xunta proporá a creación de cinco novos xulgados exclusivos de violencia de xénero en Galicia. Deste xeito, adiantou que no Consello da Xunta de mañá proporase un plan para que, de acordo coa Comisión Mixta do Tribunal Superior de Xustiza, se poidan ampliar os existentes na Coruña e en Vigo ao resto das grandes cidades galegas.
Rueda adianta que no Consello do Goberno galego de este xoves se proporá ampliar os existentes na Coruña e Vigo ao resto das grandes cidades galegas.
Rueda adianta que no Consello do Goberno galego de este xoves se proporá ampliar os existentes na Coruña e Vigo ao resto das grandes cidades galegas.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou este mércores que a Xunta proporá a creación de cinco novos xulgados exclusivos de violencia de xénero en Galicia. Deste xeito, adiantou que no Consello da Xunta de mañá proporase un plan para que, de acordo coa Comisión Mixta do Tribunal Superior de Xustiza, se poidan ampliar os existentes na Coruña e en Vigo ao resto das grandes cidades galegas.

Rueda argumentou que con esta ampliación de xulgados exclusivos en violencia de xénero “moitas mulleres que teñen medo se sentirán máis protexidas”. Así o defendeu na sesión de control no Parlamento de Galicia que, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, centrouse nas iniciativas postas en marcha pola Xunta en materia de igualdade.

En concreto, adiantou que estes xulgados con única competencia en violencia de xénero serán de ámbito comarcal e concretou que se solicitará que se poña en marcha primeiro, tras os existentes na Coruña e en Vigo, o de Santiago de Compostela para estendelos ao resto das cinco grandes cidades galegas. 

202 M€ EN ACTUACIÓNS EN IGUALDADE E CONCILIACIÓN

“Así é de verdade como se loita para favorecer os dereitos da muller e, polo tanto, pola igualdade”, aseverou o presidente da Xunta, quen puxo en valor os 202 millóns de euros que investiu o Goberno galego nestas actuacións e que contrapuxo cos 54,7 millóns de euros que destinou a estas políticas o Goberno bipartito do PSdeG e BNG.

De igual xeito, salientou os avances en materia de igualdade impulsados polo Goberno galego, como a Lei de garantías de calidade de servizos públicos, da que lembrou que estableceu sancións importantes ante calquera vulneración dos dereitos de baixa de maternidade; a Lei de impulso demográfico que prioriza a contratación do sector públicos con empresas que teñan medidas de corresponsabilidade e conciliación; a medida pioneira de gratuidade das escolas infantís: o reforzo da partidas sanitarias para atender especificamente enfermidades que teñen máis incidencia nas mulleres; ou máis formación para que as profesionais do Sergas poidan detectar casos de violencia de xénero.

Consecuentemente, enxalzou os efectos destas iniciativas que se reflicten en que Galicia rexistra 12.400 mulleres máis traballando que en 2008; é a terceira comunidade onde máis medrou o salario media das mulleres, cun 17,9 %, o que supón case tres puntos máis que a media nacional; ou o feito de que as mulleres son xa maioría en profesións como a sanitaria ou na educación.

No entanto, admitiu que hai “moito que mellorar” e apuntou á taxa de ocupación masculina, que é aínda superior á feminina, “e hai que igualala”, reclamou. Ao tempo, recoñeceu a fenda salarial “amplísima” existente, que é maior en Galicia que na media nacional. Por iso, garantiu o traballo do Goberno galego para que “se estreite cada vez máis” e demandou como “tarefa colectiva de todos” sumarse á loita pola consecución real da igualdade.

A Xunta pedirá a creación de cinco novos xulgados exclusivos de violencia de xénero en...
Comentarios