A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de poñer en marcha a primeira edición do proxecto formativo Eu son inspect@r urbanístic@. Coida o territorio. Coida o teu; no que participan unha trintena de centros escolares, de distintas etapas educativas, de toda Galicia.
É unha iniciativa coa que Consellería, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e en colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), quere sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ás nenas e nenos da Comunidade en relación co medio e a intervención e ordenación do territorio.
Trátase dun proxecto lúdico-educativo co que achegar aos máis cativos o coñecemento sobre o territorio de Galicia, comprender a complexidade do territorio e da paisaxe e aprender dos elementos que a compoñen é fundamental para que as sociedades actuais e futuras tomen conciencia da necesidade de facer un uso responsable do territorio.
A actividade para Educación Infantil consistirá nunha aprendizaxe a través do xogo e do teatro, polo que se levará a cabo unha representación teatral sobre o amor á natureza, a intervención no territorio e o modelo urbanístico ideal. A obra posta en escena a Compañía teatral Trinke Trinke está protagonizada por uns ratiños que viven en Lonxedetodo, un lugar idílico, que preocupados por unha intervención inadecuada na súa contorna, contactarán cos inspectores urbanísticos da APLU para que lles axuden.
Para os rapaces de Primaria, traballarase con eles nas aulas, fomentando a aprendizaxe a través do xogo. Dun xeito expositivo trasladarase o traballo que fai a Xunta a través da APLU no territorio e abordase o grado de coñecemento da súa contorna próxima e algunhas actuacións no mesmo.
Por último, cos rapaces de secundaria tamén se apostará por unha aprendizaxe lúdico-educativa, para abordar o coñecemento da súa contorna máis próxima, a evolución histórica do mesmo e dos axentes e dos factores que regulan o uso do solo. Tamén se abrirá unha quenda de debate en relación coas imaxes de actuacións propostas para concluír cunha reflexión sobre o que cada un pode facer par coidar o territorio.
Asemade, estas actuacións completaranse coa visita dun número de centros ás instalacións da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a Santiago, para coñecer o día a día deste organismo a prol da recuperación do territorio.
Na seguinte táboa indícanse os centros participantes nesta primeira edición da iniciativa Eu son inspect@r urbanístic@. Coida o territorio. Coida o teu.
CENTRO EDUCATIVO LOCALIDADE PROVINCIA 1 CEIP MANUEL SUEIRO OURENSE OURENSE 2 IES A PINGÜELA MONFORTE DE LEMOS LUGO 3 CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIRO VIGO PONTEVEDRA 4 CEIP ROSALÍA DE CASTRO LUGO LUGO 5 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO MONTERROSO LUGO 6 CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE ANDRADE-PONTEDEUME A CORUÑA 7 CEIP SAN XOÁN BECERREÁ LUGO 8 EEI SAN ROQUE VIVEIRO LUGO 9 CALASÁNZ PP ESCOLAPIOS A CORUÑA A CORUÑA 10 CEIP DA CRUZ CAMOS-NIGRÁN PONTEVEDRA 11 CEIP DE LAREDO REDONDELA PONTEVEDRA 12 EEI VERDUCIDO VERDUCIDO PONTEVEDRA 13 IES PLURILIGÜE DE AMES AMES A CORUÑA 14 CPR PRLURILINGÜE SAN FERMÍN CALDAS DE REIS PONTEVEDRA 15 CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ CAMBRE A CORUÑA 16 CEIP SANTO ANDRÉ DE XEVE XEVE PONTEVEDRA 17 CEIP VILAR DE BARRIO VILAR DE BARRIO OURENSE 18 IES ESCOLAS PROVAL NIGRÁN PONTEVEDRA 19 CEP SANTA MARIÑA REDONDELA PONTEVEDRA 20 IES PONTE CALDELAS PONTE CALDELAS PONTEVEDRA 21 CEIP EUGENIO LÓPEZ CEE A CORUÑA 22 CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA AGUIÑO-RIBEIRA A CORUÑA 23 IES XELMIREZ II SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 24 IES AS ÍNSUAS MUROS A CORUÑA 25 IES PASTORIZA ARTEIXO A CORUÑA 26 IES AGRA DO ORZÁN A CORUÑA A CORUÑA 27 IES AQUIS CELENIS CALDAS DE REIS PONTEVEDRA 28 CEIP SANTA MARIÑA VIGO PONTEVEDRA 29 EEI ROMAI PORTAS PONTEVEDRA 30 CEIP LÓPEZ FERREIRO SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA