jueves. 21.11.2024

Tito Varela, o profesor que tentou facer unha reconstrución evolutiva das poboacións humanas, en particular da galega

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidade de Santiago celebraron esta mañá un acto “in memoriam” do profesor Tito Antonio Varela López (1943-2023), natural do concello lucense do Saviñao, falecido o pasado mes de abril. Era académico supernumerario da RAGC e catedrático de Antropoloxía Biolóxica da Universidade de Santiago. Entre 1984 e 1987 foi presidente da Sociedad Española de Antropología Física.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidade de Santiago celebraron esta mañá un acto “in memoriam” do profesor Tito Antonio Varela López (1943-2023), natural do concello lucense do Saviñao, falecido o pasado mes de abril. Era académico supernumerario da RAGC e catedrático de Antropoloxía Biolóxica da Universidade de Santiago. Entre 1984 e 1987 foi presidente da Sociedad Española de Antropología Física.

Na presentación do evento, que tivo lugar na facultade de Bioloxía da USC, estiveron, ademais da familia do homenaxeado, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o presidente da RAGC, Juan Lema; e o decano de Bioloxía, Jesús López Romalde. No transcurso do mesmo participaron varios expertos. Manuel Freire, catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC e académico da RAGC, abordou a traxectoria do homenaxeado no seo da Real Academia Galega de Ciencias. Rosario Calderón, catedrática de Antropoloxía Física da Universidad Complutense de Madrid, afondou no “alto compromiso universitario” do profesor coa Antropoloxía Física. Pola súa parte, José Luís Blázquez, catedrático de Antropoloxía Biolóxica da USC, lembrou a figura do que fora o seu director de tese.

Na súa intervención, Blázquez puxo de relevo a traxectoria investigadora do homenaxeado no eido da osteoloxía, de cara a facer unha reconstrución evolutiva das poboacións humanas, en particular da galega, baseándose no estudo antropolóxico de restos óseos. Ademais, incidiu na “amplitude mental e a capacidade creativa” que tivo o profesor    Varela cando chegou á Universidade de Santiago procedente da Universidad de Barcelona e se puxo á fronte do novo departamento de Antropoloxía Física, introducindo un ámbito de investigación moi novidoso, a análise das poboacións humanas desde a perspectiva dos marcadores xenéticos moleculares.

“O profesor Varela tivo a lucidez e a valentía de adentrarse nun terreo emerxente e novo para el, porque tivo a visión de que era un campo moi relevante, converténdose nun pioneiro en Galicia e nun dos poucos expertos que existían daquela no territorio nacional” -salientou Blázquez-. Así, foi o primeiro en estudar os marcadores xenéticos moleculares para coñecer a evolución da poboación galega a través da súa estrutura xenética. “Esta investigación de carácter básico abriu as portas para unha investigación aplicada, avanzando na reconstrución da historia evolutiva da poboación galega, baseándose no estudo das relacións filoxenéticas, as ondas migratorias que houbo en Europa... aportando luz á historia evolutiva de Galicia, analizando o noso pasado xenético, como se foi construíndo o perfil actual da poboación galega. Contribuíu a comprender mellor de onde vimos desde o punto de vista filoxenético”        -indicou o profesor Blázquez-.

Estudos con impacto internacional

Rosario Calderón, que mantivo unha relación moi estreita co homenaxeado, destacou “sus innegables cualidades humanas”. Así, salientou que era “una persona especialmente afable, leal, fiel a sus amigos, con una especial empatía y buscando siempre la armonía y el consenso. Un compañero y amigo especialmente querido entre los miembros que componen la comunidad científica de los antropólogos físicos de España”.

Homenaje Tito Varela 05

A catedrática manifestou que o seu traballo de tese de doutoramento sobre poboacións visigodas na Península Ibérica desenvolto na Universidad Complutense de Madrid “fue premonitorio y decisivo para su futuro profesional dentro del campo de la Antropología Biológica”. Deixou patente que “la diversificación científica en los estudios antropobiológicos fue un sello de identidad en las tareas investigadoras desarrolladas por el Dr. Varela y muchos de los resultados derivados de sus investigaciones fueron publicados internacionalmente. Desde la Antropología Esquelética a la Antropología Genética, tanto en su vertiente molecular como demográfica, le proporcionaron especiales conocimientos dirigidos a sus tareas docentes y a la formación de jóvenes investigadores”.  

 

 

Tito Varela, o profesor que tentou facer unha reconstrución evolutiva das poboacións...
Comentarios