A terceira edición e Sportur Galicia pecha esta tarde de sábado as súas portas en Expourense logo de visibilizar durante dous días (tres se contamos tamén o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo) o bo momento que viven o deporte e o turismo activo en Galicia e tamén no norte de Portugal. Isto quedou patente sobre todo na xornada de hoxe sábado na que se celebraron multitude de campionatos e torneos de carácter autonómico sobre todo e nos que participaron milleiros de deportistas chegados de toda Galicia. O II Torneo Sportur de Kickboxing, o Torneo de Esgrima Antiga Cidade das Burgas, os trofeos absolutos de halterofilia de Galicia, os torneos de kung-fu e taekwondo, o campeonato galego de escalada en bloque ou o Torneo de Xadrez Cidade de Ourense foron as probas que maior número de deportistas movilizaron, superando nalgúns casos os 200 participantes que ademáis chegaron acompañados polas súas familias. En total, e a falta de contabilizar as visitas de última hora esta tarde, calcúlase que Sportur Galicia superou as 10.000 visitas destacando a ademais que a inmensa mayoría delas participou activamente nas 60 actividades dispoñibles.
O atletismo voltou
ser un dos protagonistas durante esta segunda xornada de Sportur Galicia xa
que,a demais de ser punto de entrega dos dorsais da Carreira de San Martiño de
mañá, o Clube Atletismo Ourense convocou no recinto aos seus socios e tamén
foron entregadas esta tarde, como colofón a esta edición, as medallas das
distintas probas deportivas “Correndo por Ourense” que organiza o Consello
Municipal de Deportes de Ourense. O outro gran protagonista da xornada foi a
gymkana hinchable “Iron Children” achegada pola Concellería de Xuventude de
Ourense e que chamou a atención de centos de visitantes e tamén dos
participantes noutras actividades.
Este salón tamén foi
o punto de encontro dos equipos cos seus siareiros como foi o caso do COB que
estivo onte no salón ou dos xogadores do Ourense Club de Futbol ou da Unión
Deportiva Ourense que o fixeron hoxe. Destacou tamán a presenza da montañista
navarra, Susana Ruiz Mostazo, quen impariu unha conferencia sobre “os somos non
teñen cima” na que contou a súa experiencia na escalada de cumios como o
Everest a pesar da súa diabetes. Foi unha actividade organizada pola Asociación
Diabética Auria que tamén realizou as probas de análise de azucre en sangue aos
visitantes que quixeron realizalas.
Otras das actividades
máis concorridas foron as clases de tecnificación de ximnasia rítmica
organizadas polo Clube Marusia de Ourense que convocaron a ximnasta de toda
Galicia para recibir dúas xornadas de clase coa olímpica e seleccionadora
bielorrusa de ximnasia rítmica junior, Nelly Pischelina.
Sportur Galicia puxo
en valor unha vez máis as distintas opcións deportivas que poden formar parte
dun estilo de vida saudable ao tempo que os destinos e escenarios ideais para
practícalas, desde o Norte de Galicia coa presenza do Xeo Destino Ferrol- Rías
Altas ou Viviero ata o norte de Portugal pasando por concellos da provincia de
Ourense ata a única Estación de Montaña de Galicia en Manzaneda. Estes destinos
tiveron ademais a oportunidade de reunirse cunha quincena de axencias de viaxe
especializadas en turismo activo dentro do III Workshop de Sportur Galicia.
Sportur Galicia estivo
organizado por Expourense coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e
da Axencia de Turismo de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e do Concello
de Ourense a través da Conmcellería de Turismo.
A actividade continúa
en Expourense que xa prepara a cita feiral da seguinte fin de semana na que
Celebra, o Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Socieis cumpre 20
edicións.