viernes. 22.11.2024

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia ultiman a súa 45ª edición, a cal volverá converterse do 8 ao 11 de xuño no gran certame de mostras e lecer do noroeste peninsular.

Nesta nova cita segue apostando por sorprender ao público que acuda ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA coa incorporación de novidades tanto na súa área expositiva como no seu programa de actividades, ademais de manter aquelas propostas que segue demandando o visitante ano tras ano.

Con este obxectivo trabállase estes días na organización da súa exposición, que incluirá unha gran variedade de sectores, e tamén a dos seus certames paralelos, o Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca); o Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia); a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e a Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca). En todos eles haberá tanto novas participacións de empresas e entidades como presentacións de innovadores produtos que acaban de saír ao mercado.

En canto ao seu programa, que tamén se está definindo, volverá caracterizarse pola súa amplitude e diversidade. Incluirán de novo actividades orientadas a profesionais e a público xeral, con propostas  que contan sempre con gran éxitos e outras que se incluirán por primeira vez.

Unha cita única con entrada gratuíta

Exposición e actividades conforman en Abanca Semana Verde de Galicia unha proposta única no calendario feiral, á que ademais pode accederse de forma gratuíta por décimo terceiro ano consecutivo. Soamente se aboará o aparcadoiro, cun módico prezo destinado un ano máis a incrementar a calidade do programa de actividades.

Semana Verde ultima a súa 45ª edición
Comentarios