18 de diciembre de 2023, 23:24
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse co CEO de Stellantis, Carlos Tavares para analizar o futuro da compañía e os proxectos que teñen previstos para seguir consolidando Galicia como un referente do sector da automoción.
Durante o encontro, avaliaron as oportunidades que supoñen os fondos europeos para un dos sectores claves da economía galega e que axudan a que Stellantis se consolide como unha das fábricas de vehículos máis importante de España.
Rueda trasladou o apoio da Xunta ás empresas que apostan por medrar e ampliar a súa produción desde a comunidade e que a súa vez contribúen á economía nacional e que serven como exemplo grazas aos seus bos resultados e iniciativas.