jueves. 21.11.2024
Viveiro Xunta de Galicia-SEMFOR

Nova máquina de termotratamento de material forestal de reprodución que con auga quente elimina os patóxenos existentes nas sementes

Deste xeito, non é necesario empregar produtos desinfectantes e fitosanitarios no procesado do material forestal de reprodución e séguese contando cunha alta seguridade en canto aos resultados de limpeza fitosanitaria desta materia.
O viveiro acaba de adquirir una nova máquina de termotratamento, para desinfectar sen necesidade de usar produtos desinfectantes e fitosanitarios.
O viveiro acaba de adquirir una nova máquina de termotratamento, para desinfectar sen necesidade de usar produtos desinfectantes e fitosanitarios.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiu ás xornadas de portas abertas nas instalacións do Viveiro Xunta de Galicia-SEMFOR, encargado do procesado de sementes forestais para a subministración a outros viveiros de Galicia.

O motivo destas xornadas foi a adquisición dunha nova máquina de termotratamento de material forestal de reprodución -como as sementes e outras partes de plantas-, que permite que, mediante a utilización de auga quente, se poidan eliminar os patóxenos existentes nas sementes. Deste xeito, non é necesario empregar produtos desinfectantes e fitosanitarios no procesado do material forestal de reprodución e séguese contando cunha alta seguridade en canto aos resultados de limpeza fitosanitaria desta materia.

Nestas xornadas, tamén se informou aos asistentes sobre os últimos traballos realizados polo viveiro na selección de mouteiras de distintas especies forestais de interese e das boas expectativas da colleita de froitos dos hortos de semente de piñeiro do país, cunha produción estimada de material controlado duns 370 quilogramos, e uns 52 quilogramos de semente cualificada.

Na primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, dunha maneira moi directa   no Eixo I (Contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais) e no Eixo II (Protección, sanidade forestal e prevención e defensa contra incendios forestais) e indirectamente en todos os eixos do Plan, establécese a necesidade de contar cun material forestal de reprodución de alta calidade xenética que permita ás especies forestais prosperar ante o cambio climático ou fronte a enfermidades e doenzas.

Para iso, é necesario contar con estruturas que permitan conservar e mellorar os recursos xenéticos forestais, asegurando a súa sanidade e vitalidade. Neste senso, a modernización das instalacións dos viveiros da Consellería, así como os traballos de selección de boas mouteiras no monte, permiten a mellora dos procesos que levan a garantir unha semente sa e capaz. Ao tempo, compartir co sector estes avances posibilita establecer con facilidade liñas de actuación comúns.

Nova máquina de termotratamento de material forestal de reprodución que con auga quente...
Comentarios