viernes. 22.11.2024

Lalín tendrá un equipo de producción térmica con biomasa

Construirase un equipo de produción térmica con biomasa nas inmediacións do instituto desde onde partirán as instalacións hidráulicas que alimentarán tanto a este centro como ao colexio Xesús Golmar, ao Auditorio Municipal e á escola infantil Galiña Azul Lalín-Pontiñas.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, informou hoxe do proxecto xunto ao alcalde e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, informou hoxe do proxecto xunto ao alcalde e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

A Xunta de Galicia investirá 1,3 M€ para a construción en Lalín dun equipo de produción térmica con biomasa que surtirá de enerxía a catro edificios públicos do concello. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita xunto ao alcalde, José Crespo, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández.

Na presentación do proxecto, o responsable autonómico de Educación explicou que o “ambicioso proxecto da Xunta” que vai ter a súa base no aparcadoiro do instituto Ramón María Aller forma parte compromiso da Xunta de Galicia coa mellora da eficiencia enerxética. “Desde o ano 2009 levamos investidos máis de 24 M€ en proxectos de reforma enerxética que se suman aos máis de 32 M€ destinados a rehabilitacións integrais en colexios e institutos das catro provincias”, salientou Román Rodríguez.

“Este curso démoslle un novo impulso a este compromiso coa posta en marcha do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que senta os piares para a construción e reforma dos centros educativos nos vindeiros anos con espazos máis sostibles e cunha maior calidade ambiental”, incidiu.

No caso de Lalín, tal e como explicou o conselleiro, construirase un equipo de produción térmica con biomasa nas inmediacións do instituto desde onde partirán as instalacións hidráulicas que alimentarán tanto a este centro como ao colexio Xesús Golmar, ao Auditorio Municipal e á escola infantil Galiña Azul Lalín-Pontiñas.

Nesta liña, Román Rodríguez explicou que a medida do Goberno galego conta “cun triplo impacto de beneficio no conxunto da cidadanía ao lograrse aforro económico e enerxético, un incremento no confort térmico por parte dos usuarios e unha mellora no mantemento dos montes ao apostar por unha enerxía renovable de orixe autóctono”.

En concreto, co cambio de combustible lograrase unha diminución do 25% no consumo de enerxía e reduciranse 184 toneladas de CO2, o que supón un 94% das emisións actuais. Todo isto suporá un consumo máis respectuoso co medio ambiente e un aforro de 27.000€ anuais.

Lalín tendrá un equipo de producción térmica con biomasa
Comentarios