lunes. 25.11.2024

A xornada de tarde do III Congreso Medios de Comunicación e Igualdade, organizado pola APG, arrancou coa intervención da xornalista afgana, Lailuma Sadid, redactora do “Brussels Morning”, en Bruxelas, que fixo un cru relato da terrible situación que atravesa o seu país desde a chegada ao poder dos talibáns, que cualificou como “de barbarie”.

Sadid explicou que as mulleres afganas están a vivir un auténtico “pesadelo”, reproducción da situación que xa vivirá o seu país entre 1996 e 2001, durante o anterior período de dominio talibán. A xornalista afincada en Bélxica, a primeira en aparecer sen pano na cabeza na televisión de Afganistán, en 2003, vivíu un auténtico calvario persoal con 35 familiares mortos en 40 anos por mor da guerra civil e das accións dos estremistas islámicos, amenazas de morte, insultos de compañeiros de traballo…

©ROBERTO LEDO

Para ela, “a Unión Europea debería entender que os talibáns, que seguen conectados con grupos terroristas como Al Qaeda ou Haqane, son terroristas, polo que levalos ao terreo político e darlles lexitimidade é un grave erro… pero o mundo nunca aprende dos seus erros”. “Europa debe actuar fronte a este asunto como un bloque”, engadíu.    

©ROBERTO LEDO

Sadid defendeu que “as mulleres son fundamentais en todos os aspectos do desenvolvemento humano e nacional” e está convencida de que, matando á xeración nova de mulleres, educada e libre, os talibáns están acabando co futuro de Afganistán”. Ollando cara adiante, a xornalista cré “fundamental separar a relixión da política no seu país”, pero a renglón seguido asegura: “non son optimista sobre o futuro do meu país”.

©ROBERTO LEDO

“O mundo está falando sobre o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres”, conclúe; e pregúntase quen se preocupa dos vinte millóns de mulleres e nenas de Afganistán.  

Lailuma Sadid, xornalista afgana: “As mulleres son fundamentais en todos os aspectos do...