lunes. 25.11.2024

Galicia e Irlanda, intercambio de poetas con bolsa de traslado, manutención e aloxamento

As solicitudes deberán presentarse ata o día das Letras Galegas, 17 de maio de 2022. Poderán concorrer individualmente calquera poeta maior de 8 anos nacido ou residente en Galicia ou Irlanda con ao menos un libro de poesía publicado en galego.
o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que presentou a nova edición na Coruña xunto aos coordinadores da mesma, Yolanda Castaño e Keith Payne.
o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que presentou a nova edición na Coruña xunto aos coordinadores da mesma, Yolanda Castaño e Keith Payne.

A Xunta de Galicia incorpora este ano a Irlanda ao seu programa de intercambio literario co que se está a reforzar a proxección exterior das letras galegas. Así o anunciou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que presentou a nova edición na Coruña xunto aos coordinadores da mesma, Yolanda Castaño e Keith Payne.

Esta iniciativa naceu o ano pasado impulsada pola Xunta en colaboración coa Residencia Literaria 1863, establecendo un intercambio con Xeorxia na que foi, en palabras do representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, unha “oportunidade para reforzar o papel da literatura galega no exterior e intensificar tamén as relacións profesionais entre os poetas galegos e estranxeiros”. De feito, a gañadora Iria Collazo realizou a súa estadía na Writers’ House of Georgia de Tblisi, ao tempo que a entidade de Xeorxia seleccionou dúas escritoras, Tako Poladashvili e Tea Popuria, que traballaron desde a Residencia Literaria 1863 da Coruña.

Nesta segunda edición o autor seleccionado de Irlanda traballará e investigará en Galicia durante o mes de setembro, mentres que o escritor galego fará o mesmo desde Irlanda, para o que se contará coa colaboración do Centro Tyrone Guthrie de Annaghmakerrig. “A boa resposta na edición anterior e en outras iniciativas similares que promovemos para os profesionais da tradución constata que esta fórmula interesa e é efectiva para impulsar a nosa literatura e a creatividade literaria”, expresou Anxo M. Lorenzo.

INTERCAMBIO CULTURAL

As solicitudes deberán presentarse ata o día das Letras Galegas, 17 de maio de 2022, ás 22,00h. no enderezo electrónico [email protected]. Poderán concorrer individualmente calquera poeta maior de 8 anos nacido ou residente en Galicia ou Irlanda con ao menos un libro de poesía publicado en galego.

Este programa de intercambio ofrece unha bolsa de traslado, manutención e aloxamento ao longo dun mes para poetas galegos no Centro Tyrone Guthrie de Annaghmakerrig, situado no campestre contorno de Newblis do Condado de Monaghan, Irlanda. Trátase da que fora casa familiar do diretor teatral Sir Tyrone Guthrie e que se emprega como retiro artístico. Trátase dun lugar de traballo residencial aberto a profesionais en todas as formas da arte. No caso das residencias artísticas para poetas irlandeses, a estadía será na Residencia 1863 de A Coruña, un apartamento do século XIX no casco histórico herculino que combina residencia con centro de xestión cultural.

Galicia e Irlanda, intercambio de poetas con bolsa de traslado, manutención e aloxamento