Ourense converteuse hoxe na capital da
comunicación e do marketing de Galicia ao reunir en Expourense a máis de 600 profesionais
destes sectores que asistiron tanto ao 7º Foro da Comunicación de Galicia como
á entrega dos IV Premios Paraugas.
7º Foro
da Comunicación
O Foro da Comunicación de Galicia, organizado
por Expourense coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou
hoxe a súa sétima edición, que supuxo un novo éxito, tanto polo número e o
prestixio dos 25 relatores como pola acollida recibida por parte dos asistentes,
máis de 300 ao longo de toda a xornada. Este Foro está xa consolidado como un
punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a
estes sectores, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con
grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan
tendencia á hora de comunicar.
O obxectivo deste 7º Foro da Comunicación de
Galicia foi poñer en valor a calidade e innovación do traballo das empresas
galegas nestes sectores, incluíndo tamén experiencias punteiras de empresas de
fóra da nosa comunidade. O programa de conferencias deste 7º foro dividiuse en
varias mesas de debate onde recoñecidos expertos no sector abordaron temas de
actualidade que foron seleccionados polo comité organizador deste evento e no
que se atopan as principais asociacións profesionais do sector en Galicia e as
Facultades de disciplinas vencelladas á comunicación ou publicidade.
Comunicación, marketing dixital, deseño e
publicidade foron os catro eixos sobre os que xirou esta edición que contou coa
participación de directivos de axencias de publicidade punteiras en España como
Dimensión, CHINA, Disrupción-Dx Global ou a propia BAP&Conde de Galicia e
tamén co ex director creativo do Concello de Madrid na época de Manuela Carmena
e calificado como “o que converteu en bonitas, simples e eficaces as mensaxes
burocráticas das campañas municipais da capital madrileña”.
O 7º Foro da Comunicación contou co patrocinio
da Deputación Provincial de Ourense e co apio da Xunta de Galicia a través da
Secretaría Xeral de Medios.
IV
Premios Paraugas
O Clúster da Comunicación de Galicia entregou
esta tarde no recinto feiral de Expourense os IV Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia, Premios Paraugas,
que se crearon en 2016 co obxectivo de recoñecer publicamente o bo facer das
empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da
comunicación dentro da nosa comunidade autónoma. Na edición deste ano, 14
entidades galegas recibiron premios.
No marco da convocatoria, establecéronse sete
categorías de premios (con 18 subcategorías en total) ás que optaron máis de
250 candidaturas, cifra que pon de manifesto o crecente interese por un evento
que, ano tras ano, se consolida como a gran festa galega da comunicación.
Relación
de premiados:
A continuación detállanse as empresas e
organizacións distinguidas no marco de cada unha das categorías:
Categoría Edición
- Premio
Paraugas ao Mellor
Libro: Mulleres do silencio – Deputación Provincial de Pontevedra
- Premio
Paraugas ao Mellor
Catálogo Publicitario: Catálogocomercial Vital Bath – Tórculo Comunicación Gráfica
Categoría Impresión (Premios HP Indigo)
- Premio
Paraugas ao Mellor
Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) impreso con TecnoloxíaIndigo: Libro 40 Aniversario de Agafac - Atelier Gráfica Visual
Categoría Deseño (Premios GAIN)
- Premio Paraugas ao Mellor Deseño
Gráfico: Perfeccionista / Bodega Davide (packaging) – Roberto Núñez
- Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial: Totana –
Isaac Piñeiro Design Studio
- Premio Paraugas ao Mellor Deseño
Dixital: Resistencia desde 1906 – Tony Le Brand
Categoría Creatividade (Premios BySideCar)
Premio Paraugas
á Mellor Creatividade Gráfica: Resistencia
desde 1906-0,0 – Tony Le Brand
- Premio Paraugas á Mellor
Creatividade Audiovisual: Fábrica de cervezas – Percebes – Segunda Edición –
Tony Le Brand
Categoría Marketing Dixital (Premios .gal)
- Premio Paraugas á Mellor Estratexia Dixital: Somos
Semente – Roi Scroll
- Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital: Estratexia
de venda end-to-end para Microsoft - Bysidecar
- Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media: #instaGal
– Corporación Radio e Televisión de Galicia
Categoría Marketing (PremiosAvante)
Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Branding: Elige Bigote–Grupo Nueva Pescanova
- Premio
Paraugas á Mellor Acción Relación / Escoita ao
Cliente: Elige Bigote – Grupo Nueva Pescanova
- Premio
Paraugas á Mellor Estratexia
/ Acción de Produto: La hucha inteligente de EVO – EVO Banco-Coinscrap
Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)
- Premio Paraugas á Mellor
Estratexia de
Comunicación Externa: Kómoda, la vida sin energía –Torres y Carrera, Consultores de Comunicación
- Premio Paraugas á Mellor
Estratexia de
Comunicación Interna: Amigoinvisible (postales) - ABANCA
- Premio Paraugas á Mellor Práctica
na
Comunicación da ResponsabilidadeSocial Empresarial: Fundación Knowcosters – BAPCONDE
O
Premio Paraugas á Mellor Creatividade no uso dos Medios (da categoría de
Creatividade-Premios BySideCar)
quedou deserto.
Premios
honoríficos
Xunto a isto, o acto serviu tamén para por en
valor o traballo e a traxectoria de diferentes empresas e persoas que se teñen
significado pola súa contribución ao ámbito da comunicación. Entre os homenaxeados estiveron
Alejandro Rubín, cabeza visible de Expourense durante dúas décadas, e José
María Cruz Novillo, deseñador cunha ampla traxectoria que inclúe a creación de
logotipos como o do diario El Mundo, o do PSOE, o do Banco de España e o de
Correos, así como a de carteis de películas como La escopeta nacional, Los
lunes al sol e Barrio.
Ademais, recibiu unha homenaxe póstuma o publicista e
editor ourensán Luis Carballo, que faleceu este mesmo ano. Trátase dunha mostra
do recoñecemento á súa labor como fundador da revista de comunicación Galicia Moda e como creador do Pelegrín,
mascota e imaxe oficial do Ano Santo de 1993, o primeiro Xacobeo moderno.
Tamén no marco do evento, a asociación
Executivas de Galicia aproveitou a ocasión para destacar e premiar á
presentadora Silvia Jato.
Entidades
organizadoras
Os Premios Paraugas da Comunicación e do
Marketing de Galicia, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia,
contan co patrocinio de entidades e empresas como HP Índigo, GAIN (organismo
dependente da Consellería de Economía da Xunta), BySidecar, .gal, Avante,
Galicia Calidade e a Deputación de Ourense.
Ademais, colaboran no evento Expourense,
Miraveo, Aceites Abril, Atelier Gráfica Visual, Atlántica Centro de Arte,
Fundación Santo André de Teixido, a D. O. Valdeorras, Executivas de Galicia,
Creatividade Galega, Dircom Galicia, Markea, Tac!, Galicia Business School e o
Igape.
Ao acto asistiu un nutrido grupo de
profesionais de toda Galicia, máis de 300 en total, entre os que se atoparon
directivos de marketing e comunicación de destacadas empresas, así como de
axencias de publicidade, deseñadores das artes gráficas e editores, e outros
expertos destes campos, que contribúen co seu traballo a fomentar a
competitividade galega no eido da comunicación.