jueves. 21.11.2024
Gran capítulo da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos

O conselleiro de Medio rural subliña a importancia da DO Rías Baixas e anuncia novas axudas vitivinícolas

O conselleiro fixo esta valoración na súa intervención, esta mañá, na sesión solemne XXVII do Gran capítulo da confraría do viño do condado do Tea e espumosos, no marco da oitava edición da Festa do viño espumoso da denominación de orixe Rías Baixas, que se celebra en Salvaterra de Miño. Neste acto, José González reafirmou o apoio da Xunta aos consellos das producións de calidade de Galicia -entre elas o viño-, así como a tripla aposta do Goberno autonómico pola promoción e a protección desa calidade, en termos xerais, así como polo enoturismo, de xeito específico en relación co viño.
A súa llegada, o conselleiro de Medio Rural, José González, estivo acompañado pola alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o secretario da DO Rías Baixas, Ramón Huidobro.
A súa llegada, o conselleiro de Medio Rural, José González, estivo acompañado pola alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o secretario da DO Rías Baixas, Ramón Huidobro.

O conselleiro do Medio Rural, José González, puxo hoxe en valor a próxima convocatoria de máis de 4,4 millóns de euros en axudas para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas. Lembrou ademais que esta mesma semana foron aprobadas polo Consello da Xunta “cun obxecto claro, o de mellorar o rendemento e a competitividade do sector”.

O conselleiro fixo esta valoración na súa intervención, esta mañá, na sesión solemne XXVII do Gran capítulo da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, no marco da oitava edición da Festa do viño espumoso da denominación de orixe Rías Baixas, que se celebra en Salvaterra de Miño. Neste acto, José González reafirmou o apoio da Xunta aos consellos das producións de calidade de Galicia -entre elas o viño-, así como a tripla aposta do Goberno autonómico pola promoción e a protección desa calidade, en termos xerais, así como polo enoturismo, de xeito específico en relación co viño.

ORZAMENTO PARA PROMOCIÓN

Así, en primeiro lugar, en relación coa promoción, o titular de Medio Rural remarcou o esforzo neste eido, que se materializará o vindeiro ano cunha nova achega de máis de 5,4 millóns de euros nos orzamentos do seu departamento. Uns fondos que -salientou- servirán para apoiar, de forma efectiva, a presenza dos produtos galegos en feiras nacionais e internacionais e para fomentar ciclos curtos e canles dixitais –de feito, destacou que xa está funcionando o marketplace “Experiencias de Calidade”. González explicou que estes recursos tamén se destinarán a potenciar o labor de promoción dos consellos reguladores e á realización de máis campañas de promoción das producións agroalimentarias da nosa comunidade.

José González, conselleiro de Medio rural.
José González, conselleiro de Medio rural.

En segundo termo, sobre a protección, o conselleiro trasladou que os 36 selos de calidade diferenciada con que conta Galicia permiten protexer o produto de principio a fin, “garantindo a digna subsistencia do sector primario, nomeadamente do sector vitivinícola galego”. E engadiu que, neste contexto, a Xunta destinará no 2023 ata 1,5 millóns de euros en materia de seguros agrarios para explotacións vitícolas que estean asociadas a denominacións de orixe, protexendo así os viñedos do aumento dos fenómenos meteorolóxicos extremos.

A terceira aposta, segundo sinalou o conselleiro, ten que ver co impulso ao enoturismo, no marco da Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas, e contempla como obxectivo “a consolidación de Galicia non só como principal destino enoturístico, senón tamén como referente internacional de viños de calidade”.

A maiores, José González indicou que a Consellería completa esa tripla aposta con dúas iniciativas lexislativas determinantes para o sector. En primeiro termo, a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que permite vincular a xestión do territorio ás producións de calidade –como o viñedo–, tamén á prevención, e seguir mobilizando hectáreas. En segundo termo, a futura Lei da calidade alimentaria de Galicia, que -resaltou- rexerá a produción de proximidade, a produción san e sustentable e a produción de calidade para que continúen a identificar Galicia no ámbito gastronómico.

IMPORTANCIA DA DO RÍAS BAIXAS

Na súa intervención, o conselleiro tamén fixo referencia á importancia que ten en Galicia a denominación de orixe Rías Baixas. Así, destacou que, desde a configuración do Consello Regulador–hai máis dunha década–, esta DO non deixou de medrar e, en realidade, hoxe trátase da máis grande en superficie inscrita do territorio galego.

Ademais, González salientou que neste 2022 Rías Baixas foi –de novo– a primeira denominación de orixe en volume de produción, representando o 58 % da uva total vendimada, con preto de 41 millóns de quilos recollidos. Uns datos que o conselleiro vinculou co constante apoio da Xunta ao Consello Regulador. Así, dos máis de 18,7 millóns de euros aportados por Medio Rural aos consellos reguladores de Galicia entre 2012 e 2021, un total de 8,2 millóns foron destinados directamente á D.O. Rías Baixas.

O conselleiro de Medio rural subliña a importancia da DO Rías Baixas e anuncia novas...
Comentarios