viernes. 22.11.2024

Mañá luns, 24 de outubro, os clientes do comercio de proximidade galego poderán comezar a descargar e a empregar os descontos de 30 euros do Bono Activa Comercio, unha iniciativa á que a Xunta de Galicia destina 5M€ coa previsión de chegar a mobilizar 17M€ en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

Os bonos, en formato de código QR, poderán descargarse a través do móbil na web bonosactivacomercio.gal, onde tamén estará dispoñible a lista de establecementos adheridos, á que poderán seguir sumándose comerciantes ata o vindeiro 30 de novembro.

A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

O obxectivo desta iniciativa é axudar á economía das familias contribuíndo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos; así como incentivar as compras no comercio de proximidade, nunhas datas clave para a actividade comercial.

Os descontos de 30€ do Bono Activa Comercio
Comentarios