viernes. 22.11.2024

"Os medios de comunicación teñen un papel importantísimo na concienciación da sociedade en todos os ámbitos", unha das conclusións do Congreso 'A Igualdade e a violencia de xénero en tempos de guerra'

O Congreso APG 'Medios de Comunicación e Igualdade', celebrado co titulo 'A Igualdade e a violencia de xénero en tempos de guerra', este sábado recolleu importantes conclusións neste foro, segundo as pertinentes intervencións emitidas, e que sirven para reflexionar e avanzar na necesaria consecución da igualdade e eliminación da violencia de xénero.

O Congreso APG 'Medios de Comunicación e Igualdade', celebrado co titulo 'A Igualdade e a violencia de xénero en tempos de guerra', este sábado recolleu importantes conclusións neste foro, segundo as pertinentes intervencións emitidas, e que sirven para reflexionar e avanzar na necesaria consecución da igualdade e eliminación da violencia de xénero.

CONCLUSIÓNS

-É necesario lograr unha mensaxe única entre os medios de comunicación, a sociedade en xeral e os gobernos para seguir traballando na loita contra a violencia de xénero e en prol da igualdade de xénero plena.

- Os medios de comunicación teñen un papel importantísimo na concienciación da sociedade en todos os ámbitos, e por iso, é fundamental que os estudantes de Xornalismo teñan un pensamento crítico.

- Os conflitos esquecen os dereitos das mulleres e a violencia de xénero só pode merecer sempre o repudio de toda a sociedade.

- A pandemia producíu grandes retrocesos e temos perdido toda unha xeración de mulleres (que tiveron que estar en primera liña durante a crise do coronavirus) e 46 anos no obxectivo de acadar a igualdade de xénero plena.

- As mulleres están subrepresentadas en todos os espacios de poder e sobrerepresentadas nos traballos peor remunerados e relacionados co coidado da sociedade.

- É fundamental acadar unha maior presencia das mulleres na política internacional, por exemplo, nas negociacións para a paz, para o desarme ou para evitar a proliferación das armas 
nucleares.

- A presenza das mulleres no plano internacional é unha cuestión de xustiza básica, porque son máis da metade da poboación mundial, pero hai que ir máis aló dos números.

- O mundo debe ter en conta que as mulleres teñen unha habilidade especial para acadar acordos, tender pontes de diálogo e o mantemento da paz.

- Debemos combater a “violencia política”, que obriga ás mulleres a ter que demostrar constantemente que son igual ou máis competentes que os homes.

- O papel dos medios de comunicación e das redes sociais para loitar contra esa “violencia política” é crucial.

- Tense producido avances normativos moi notables, por exemplo en América Latina, pero a sociedade debe permanecer sempre alerta, porque mudar unha norma pode ser rápido, pero non tanto a cultura.

- Hai que atacar a desigualdade desde a lexislación internacional, pero tamén son fundamentais os espazos locais, os gobernos rexionais e nacionais.

- A batalla contra a discriminación debe implicar a todos os ámbitos, desde o doméstico ata a educación universitaria.

- As mulleres deben ser citadas para os foros e os congresos, máis como expertas e especialistas nas distintas materias, que simplesmente polo feito de ser mulleres.

- É preciso evitar a invisibilización das mulleres xornalistas e correspondentes de guerra. Ante o mesmo labor, sempre se destaca moito máis o traballo dos profesionais homes.

- A solución para as mulleres xornalistas é unirse e asociarse, así como lograr que conten con elas para os foros como expertas, por exemplo, mediante a elaboración de listaxes de especialistas nos diversos temas a disposición dos medios de comunicación.

- Debemos eliminar a sobreprotección das mulleres correspondentes de guerra por parte dos homes, xa que elas están presentes desde hai moitos anos nos conflitos e corren o mesmo risco de perder a vida que eles. 

- Nos conflitos continúa existindo desigualdade e paternalismo cara ás mulleres xornalistas por parte dos homes. É imprescindible que se valore ás mulleres profesionais só polo seu xeito de informar ou pola calidade da súa información.

- Temos que evitar que a maternidade das xornalistas se convirta para elas nunha paralización e unha marcha atrás das súas carreiras profesionais.

- Nas guerras, hai que mudar a narrativa da muller vítima e sufrinte. Nos conflitos tamén hai mulleres en primera liña e heroínas, pero están desaparecidas do relato xornalístico.

- Desde o principio, as mulleres xornalistas amosaron interés por estar nos conflitos, aínda que decenas delas tiveran que agachar a súa identidade ou empregar pseudónimos de homes para traballar.

- Os xornalistas deben poñer límites aos medios de comunicación na súa competencia por ofrecer imaxes e voces de persoas sufrindo nos conflitos. As vítimas das guerras tamén teñen dereitos. 

- Os novos xornalistas deben plantexarse, xa desde as facultades, que tipo de profesional queren ser, procurar sempre a súa responsabilidade e honestidade.

- As asociacións e federacións internacionais de xornalistas deben continuar o seu labor de apoio ás correspondentes e correspondentes de guerra, así como ao resto das profesionais. 

- En España temos un teito de cristal aínda moi forte co que hai que rachar. Temos facultades de Xornalismo e redaccións cheas de mulleres, pero moi poucas directivas de alto nivel nos medios de comunicación.

- Os xornalistas deben ir máis aló do simple relato do suceso e afondar nos feitos: por que é tan difícil denunciar, cal é a situación das mulleres no rural, o terror das vítimas, como viven tamén esas situacións os fillos…

- É necesario ter moito coidado coa inclusión de testemuñas con discursos retrógrados ou machistas, no relato dos sucesos relacionados coa violencia contra as mulleres.

- A excelencia informativa neste eido acádase cando o xornalista consigue que o receptor actúe en prol da igualdade de xénero

- Ante as preocupantes cifras sobre igualdade e violencia de xénero entre os mozos españois, é necesario remover conciencias.

- Unha sociedade máis e mellor informada é máis igualitaria e, en último término, máis feliz.

- Os medios de comunicación e os xornalistas teñen unha grande responsabilidade, porque hai xente, por exemplo, que só se informa a través da televisión.

- É moi importante levar a temática da violencia de xénero e a igualdade ás horas de máxima audiencia nas televisións.

- Hai que ir máis aló do Día Internacional contra a Violencia á Muller nos informativos das televisións e as emisoras de radio, na prensa en papel e nas redes sociais.

- Máis aló dos mozos, non debemos esquecer tampouco ás mulleres de mediana e avanzada idade. Debemos facerlles ver que o que veñen sufrindo non é normal e poñerlle nome.

- Na loita contra a violencia de xénero e pola igualdade debemos mudar cara unha mentalidade dixital, que favorece a interconexión de toda a sociedade.

- É necesario que homes e mulleres camiñen xuntos nesta loita e non excluír a ninguén.

- Compre visibilizar tamén a todos aqueles homes que teñen axudado ás mulleres no desenvolvemento das súas carreiras profesionais.

- Ningunha institución, tampouco a Universidade, é allea a esta reflexión sobre a violencia de xénero e a igualdade, porque ás veces hai unha gran distancia entre a igualdade formal (normativa) e a real.

- Hai moitos estados nos que aínda non se acadou nin sequera a igualdade normativa ou lexislativa.

- O papel das unidades de Igualdade e os plans de Igualdade é fundamental nas universidades.

"Os medios de comunicación teñen un papel importantísimo na concienciación da sociedade...
Comentarios