viernes. 22.11.2024

Os axentes sociais e económicos da Eurorrexión preparan o contido do Estatuto do Traballador Transfronteirizo

A Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal segue traballando intensamente, xunto a outras institucións do território, para que o Estatuto do Traballador Transfronteirizo, sexa unha realidade canto antes, para os 15.000 cidadáns que cruzan diariamente a Raia para ir traballar. Por dito motivo, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal (GNP-AECT) reuniu hoxe, na súa sede de Vigo, aos axentes sociais e económicos da Eurorrexión, para traballar no contido do devandito Estatuto.
Da reunión sae tamén o compromiso de que o “Estatuto do Traballador 
Transfronteirizo” sexa unha eficaz “carta dos dereitos e deberes” dos traballadores 
transfronteirizos: para que non saian peor parados que os traballadores “nacionais”.
Da reunión sae tamén o compromiso de que o “Estatuto do Traballador Transfronteirizo” sexa unha eficaz “carta dos dereitos e deberes” dos traballadores transfronteirizos: para que non saian peor parados que os traballadores “nacionais”.

A Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal segue traballando intensamente, xunto a outras institucións do território, para que o Estatuto do Traballador Transfronteirizo, sexa unha 
realidade canto antes, para os 15.000 cidadáns que cruzan diariamente a Raia para ir traballar. 
Por dito motivo, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte 
de Portugal (GNP-AECT) reuniu hoxe, na súa sede de Vigo, aos axentes sociais e económicos da Eurorrexión, para traballar no contido do devandito Estatuto. O documento entregarase aos 
gobernos de España e Portugal, antes do próximo Cumio Ibérico, previsto para o mes de outubro.

No encontro participaron o Director xeral e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, o Xefe de servizo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Santiago 
Boquete, a Delegada rexional do "Instituto do Emprego e Formação Profissional, I.P. Delegação 
Rexional do Norte", Carla Vale, os dous Vicepresidentes do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal, José Carlos Rio e Carlos Pérez, a Coordinadora do Eures Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal, Teresa Ventín, o Secretario xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Maceiras, ademais do Director, Subdirector e Xerente da AECT da Eurorrexión, Nuno Almeida, Xosé Lago e Alfonso Rubio.

O grupo de traballo naceu, auspiciado pola Xunta de Galicia e a Comissão de Coordenação e 
Desenvolvimento Rexional do Norte I.P, co fin de marcar os principais asuntos que deben ser 
tratados polo Estatuto e propoñer solucións para que esta ferramenta nos permita avanzar cara 
a un mercado laboral máis eficiente e cohesionado, en beneficio dos habitantes dos territorios 
fronteirizos.

O obxectivo é que o Estatuto do Traballador Transfronteirizo facilite a circulación, o acceso á 
información e o exercicio dos dereitos dos traballadores que residan ou traballen nos territorios 
fronteirizos de Galicia e do Norte de Portugal, e por extensión, de Portugal e España. Trátase de 
facilitar a execución dos dereitos da lexislación nacional de cada un dos Estados e dos instrumentos pertinentes de Direito da Unión Europea ou do Dereito Internacional, no emprego, a formación profesional, as condicións de traballo, incluíndo a seguridade e a saúde.

Entre otras cousas, o Estatuto debe:

1. Estabelecer unha definición común e consensuada da figura do Traballador Transfronteirizo, que sexa esta a única válida en termos laborais, de fiscalidade e de seguridade social, establecer o seu ámbito de aplicación, así como a relación laboral entre o empresario e o traballador.

2. Tratar os temas relativos ao dereito laboral e condicións de traballo; os asuntos de fiscalidade; os referidos á Seguridade Social dos traballadores transfronteirizos; os que afecten á xubilación e prestacións dos traballadores e as súas familias; as melloras sociais que lles incumban; as cuestións máis “loxísticas” de organización; os intercambios de informacións entre os distintos organismos implicados (que, por definición, pertencen a dous países diferentes).

3. Ser unha “carta dos dereitos e deberes” dos traballadores transfronteirizos: estes traballadores non poden sair peor parados que os que traballan no seu país de residencia.

CATRO ANOS DE TRABALLO PARA A SÚA MATERIALIZACIÓN

o A Eurorrexión vén propoñendo, desde 2020, para os Cumios Ibéricos, unha serie de “Prioridades” coas principais demandas que fan referencia a cuestións laborais, para mellorar as condicións dos traballadores transfronteirizos. Entre elas está o Estatuto do Traballador Transfronteirizo.o No de Guarda, Portugal, (outubro de 2020) os dous gobernos anunciaron a elaboración deste Estatuto, como un dos piares dentro da Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo.

o No de Trujillo, Extremadura, (outubro 2021), asinouse un Protocolo de Cooperación Institucional relativo aos traballadores transfronteirizos, no que se propoñía a creación dun grupo de traballo para elaborar o Estatuto e que fose aplicable aos devanditos traballadores transfronteirizos.Cómpre engadir que as Comunidades Autónomas e Rexións non fomos chamados nunca para este grupo.

o No de Viana do Castelo, (novembro, 2022) só se publicou unha Guía informativa do traballo Fronteirizo entre España e Portugal. A guía contiña a información publicada polo Eures Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal na súa páxina web.

Os axentes sociais e económicos da Eurorrexión preparan o contido do Estatuto do...
Comentarios