30 de noviembre de 2023, 21:32
;A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) quere rexeitar con toda rotundidade as acusacións e amenazas do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, proferidas prácticamente a diario en intervención públicas e mesmo en sesión plenarias contra xornalistas e medios de comunicación que fiscalizan a sua xestión como a de calquera goberno ou poder público, como é normal en democracia.
A última iniciativa do rexidor ourensán foi feita pública a través dunha moción para a sua presentación en pleno firmada polo primeiro teniente de alcalde e portavoz do seu grupo, na que se propón a persecución contra medios e profesionais que consideren non afins ós seus intereses.
O devandito documento inclúe tres puntos que os promotores propoñen sexa aprobado pola Corporación, cos que se pretende coaccionar a profesionais e empresas do sector que consideren críticos coa xestión do alcalde e o seu grupo. Ademáis, pretenden que as arcas públicas financien os custes das accións xurídicas que decidisen entablar eles.A liberdade de prensa está amparada polo artigo 20 da Constitución e constitúe un bastión para defensa da democracia e do respecto ós dereitos que a sosteñen. Sorprende que o alcalde de Ourense descoñeza ou non teña claro a estas alturas este axioma, so sometido ás excepcións perfectamente definidas e reguladas no ordenamento xurídico vixente.
Por isto a APG quere facer público o seu respaldo ós profesionais da información e ós medios víctimas das inaceptables formas do alcalde de Ourense, que resultan inéditas en máis de catro décadas de convivencia democrática na sociedade española.