O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo en valor os 20 proxectos presentados por pequenos concellos, entidades sociais e pequeñas empresas que se beneficiarán das axudas para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento lanzadas polo Ministerio para a Transformación Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). Pedro Blanco detallou que “estes investimentos supoñen un total de 1.700.393,55 euros que axudarán a mellorar e dinamizar a economía e a situación demográfica das zonas que se enfrentan ao reto demográfico”.
O delegado do Goberno desprazouse esta semana ata o concello ourensán do Bolo para coñecer de primeira man un dos proxectos seleccionados polo Ministerio e “agradecer o traballo desenvolvido polos concellos para levar a cabo programas que revertan as consecuencias do reto demográfico e atraian investimentos, turismo e poboación para dinamizar a súa actividade”. O delegado interesouse polas iniciativas que impulsa o Goberno local presidido polo alcalde Alberto Vázquez. Estas iniciativas teñen como marco de acción o programa “Desenvolve O Bolo” que recibirá 70.356,78 euros para a creación dunha oficina de vivenda e a realización de melloras no Castelo e o museo de O Yosso, así como o impulso da Festa Irmandiña da localidade.
O delegado lembrou que esta categoría de concellos do “reto demográfico” foi establecida polo Goberno de Pedro Sánchez para designar e apoiar aos municipios con menos de 5.000 habitantes que requiren dun plan para atallar o despoboamento e o abandono do rural e afirmou que “o labor que realizan as administracións destes concellos é fundamental para que poidan avanzar e construír municipios máis vivos e dinámicos, poñendo freo ao despoboamento do rural e apostando pola sustentabilidade e ampliación dos servizos, facendo máis atractiva a vida nel e promovendo avances que poñan no centro ás persoas que o habitan”.
O delegado avanzou a satisfacción ante proxectos que van na mesma liña que as políticas do Goberno no que respecta ao Reto Demográfico e amosou que estas axudas son unha mostra máis do firma compromiso do Goberno, o que favorece a comunicación entre administracións para conseguir, entre todas, un territorio galego integrado e adaptado ás novas formas de traballo e oportunidades que se comprobaron efectivas diante o despoboamento que sofren estes territorios.
RESOLUCIÓN EN GALICIA
O Ministerio para a Transición Ecolóxica resolveu a semana pasada a segunda convocatoria de axudas a proxectos innovadores contra o despoboamento en concellos de reto demográfico. O programa recolle subvencións en tres modalidades: iniciativas impulsadas por entidades locais, impulsadas por entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais ou de emprendemento.
En toda España concedéronse 21,1 millóns de euros para 380 proxectos, das máis de 1.000 solicitudes que se recibiron na convocatoria.
Do total concedido para Galicia, hai proxectos que se desenvolverán nun so concello (Ortigueira, Monforte, A Pontenova, Parada de Sil, Mondariz, Ribeira de Piquín, Ares, Navia de Suarna, etc) e outros que impactarán en varias provincias (Aldealista) e varios concellos dunha mesma provincia (Os Ancares).
MODALIDADE |
ENTIDADE |
PROVINCIA |
DENOMINACIÓN DO PROXECTO |
IMPORTE |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE ORTIGUEIRA |
A CORUÑA |
P.A.T.E.R. (Programa de Atención á terceira idade no medio rural en situación de soedade non desexada) |
20.164,58 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DEMONFORTE DE LEMOS |
LUGO |
FOMENTO DA COHESIÓN DA MOBILIDADE ENTRE PARROQUIAS |
196.179,86 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE A PONTENOVA |
LUGO |
A Pontenova Territorio Rural Intelixente |
191.832,39 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE PARADA DE SIL |
OURENSE |
Programa de envellecemento saudable, independente e activo da poboación de Parada de Sil. |
12.830,32 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE MACEDA |
OURENSE |
Concello de Maceda Territorio Rural Intelixente. |
151.440,88 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE VEIGA |
OURENSE |
PROXECTO DE INNOVACIÓN NOS SISTEMAS PRODUTIVOS LOCAIS “CRIANZA TREVINCA” |
172.362,48 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBIA |
OURENSE |
Creación dunha oficina contra o despoboamento para varios municipios (Xunqueira de Ambía, O Irixo e Nogueira de Ramuín), co fin de promocionar a participación público-privada |
15.341,83 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE A TEIXEIRA |
OURENSE |
A Teixeira: presente e futuro. |
120.756,97 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE MONDARIZ |
PONTEVEDRA |
REVIVE HUB |
10.385,65 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
FEDERACION GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS |
LUGO |
Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente |
190.137,28 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE RIBERA DE PIQUIN |
LUGO |
Creación dun Punto de Asesoramento a novos na Agroecoloxía. |
92.921,74 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA |
LUGO |
Navia de Suarna Territorio Rural Inteligente |
191.581,73 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA |
OURENSE |
Sistema alimentario local desde as hortas e a cociña de Muimenta. |
25.812,69 € |
A- ENTIDADES LOCAIS |
CONDELLO DE O BOLO |
OURENSE |
DESENVOLVE O BOLO |
70.356,78 € |
B- ENTIDADES SOCIAIS |
UNIONS AGRARIAS-UPA |
LUGO |
HUB RURAL OS ANCARES |
22.816,44 € |
C- EMPRESAS |
IMPLICATUM CONSULTORIA, S.L. |
A CORUÑA |
Comunidades de Innovación Rural |
31.384,13 € |
C- EMPRESAS |
EMPRESA CON PROPOSITO MONTEFARO PEDRACHA SL |
A CORUÑA |
As hortas de Montefaro |
116.442,65 € |
C- EMPRESAS |
MEDATLANTIA CONSULTORIA EUROPEA SDAD COOP GALEGA |
PONTEVEDRA |
TELONAMAN 5.0: Dinamización do Emprego 5.0 e Empoderamento para el Desenvolvemento |
15.000,00 € |
C- EMPRESAS |
GRUPO RURAL MANAGER SL |
VARIAS PROVINCIAS |
ALDEALISTA EMPRENDE: RESTAURA E REHABITA NO RURAL |
30.894,90 € |
C-EMPRESAS |
DESARROLLO E INNOVACION DEPORTIVA SL |
OURENSE |
Deinde Activa: Tecendo Futuros. Nesta denominación creativa, “Deinde Activa” resalta a acción e dinamismo que o proxecto busca infundir na zona de San Cristovo de Cea e a súa área de influencia máis próxima. “Tecendo Futuros” simboliza a integración de tradición e modernidade, así como a creación dun futuro máis próspero e vibrante para a comunidade. |
21.750,25 € |