Máis de 209.000 estudantes comezarán o vindeiro 15 de setembro as clases na Secundaria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Así o avanzou hoxe o conselleiro, Román Rodríguez, nunha visita aos colexios CEIP Plurilingüe San Bartolomé e de CEIP de San Roque, na localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa.
O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo destacar o dinamismo deste centro vilanovés, que participa nalgún dos programas destacados da Xunta de Galicia. Non en balde, o de San Bartolomé é plurilingüe desde o ano 2018 e o de San Roque incorporouse á iniciativa de libro dixital E-Dixgal no curso 2019/20. Ademais, ambos contan con seccións bilingües e forman parte desde hai anos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
FP GALEGA
As cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en Secundaria. Ademais, aínda e posible matricularse nos ciclos formativos que contan con prazas libres.
Malia a provisionalidade dos datos, segundo as estimacións da Consellería, en ESO e Bacharelato apenas se producen variacións, con cambios focalizados nos últimos cursos. Ademais, prodúcese un incremento moi considerable de alumnos na FP galega, con preto de 3.000 alumnos máis. Deste xeito, o número total de alumnos nestas ensinanzas elevaríase a arredor de 60.500.
Neste sentido, cómpre salientar o crecemento ao abeiro dos novos másteres de FP, que superan os 600 matriculados, cubrindo as 540 prazas de nova creación este ano. Así mesmo, a FP Dual superará os 2.000 matriculados, en máis de 160 proxectos.
ESO
Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 94.187 alumnos comezarán o curso en ESO, o que supón 448 menos ca no curso 2020/21.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
Centros públicos Centros concertados Centros privados A Coruña 28.383 alumnos 10.072 alumnos 976 alumnos Lugo 7.130 alumnos 2.006 alumnos 255 alumnos Ourense 5.622 alumnos 3.185 alumnos 128 alumnos Pontevedra 24.980 alumnos 10.459 alumnos 991 alumnos Total 66.115 alumnos 25.722 alumnos 2.350 alumnos
BACHERALATO ORDINARIO
Por outra banda, os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería indican que 33.002 alumnos e alumnas comezarán o mércores as clases de Bacharelato ordinario en Galicia, o que supón 128 máis ca no curso 2020/2021.
Por tipo de centros e por provincias a distribución é a seguinte:
Centros públicos Centros privados A Coruña 11.419 alumnos 2.878 alumnos Lugo 2.932 alumnos 347 alumnos Ourense 2.488 alumnos 595 alumnos Pontevedra 10.442 alumnos 1.901 alumnos Total 27.281 alumnos 5.721 alumnos
ENSINANZAS DE ADULTOS
No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de Secundaria e Bacharelato para adultos e ao Bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais prodúcese un lixeiro incremento do alumnado (299 estudantes máis) respecto do curso 2020/21, ata chegar a un total de 9.642 alumnos.
A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2021/22 é a seguinte:
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total Ensinanzas básicas nivel I 159 alumnos 248 alumnos 24 alumnos 148 alumnos 579 alumnos Ensinanzas básicas nivel II 246 alumnos 39 alumnos 18 alumnos 153 alumnos 456 alumnos Ed. Secundaria adultos niveis I e II 1.897 alumnos 490 alumnos 430 alumnos 1.303 alumnos 4.120 alumnos Bacharelato presencial 453 alumnos 20 alumnos 67 alumnos 427 alumnos 967 alumnos Bacharelato semipresencial/distancia 1.407 alumnos 255 alumnos 162 alumnos 351 alumnos 2.175 alumnos Ensinanzas non regradas 255 alumnos 307 alumnos 323 alumnos 460 alumnos 1.345 alumnos
ENSINANZAS ARTÍSTICAS E DEPORTIVAS
Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas acada este curso os 10.155, 172 menos ca no curso anterior.
En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8.004, 163 menos ca no ano académico 2020/21:
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total Conservatorios de música e Centros autorizados de música 3.214 alumnos 973 alumnos 951 alumnos 2.866 alumnos 8.004 alumnos
No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 341, sete menos ca no curso 2020/21; mentres que nas de arte dramática haberá 183 alumnas e alumnos, 12 máis ca no ano académico anterior.
Pola súa banda, o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño aumenta en 14 alumnos, con 843 estudantes. No caso das ensinanzas artísticas superiores haberá 784 matriculados, 28 menos ca no curso anterior.
Finalmente, nas ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é de 637 estudantes acadando os 1.928 alumnos.
Centros escolares
Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia Educa. Primaria e Secundaria (1) 54 25 21 64 164 C. de ESO 16 3 2 14 35 C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias 83 35 25 72 215 C. de ensinanzas postobrigatorias 40 11 12 30 93 C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1) 33 4 7 27 71 C. de adultos (2) 3 2 2 3 10 TOTAIS 229 80 69 210 588
(1) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos