O Concello do Porriño será o anfitrión da Gala Anual da Federación Galega de Automobilismo que otorga os seus galardons a pilotos, escuderías, patrocinadores e institucións colaboradoras. O evento terá lugar mañá sábado, ás 20 horas no Polideportivo Municipal. As portas do Pavillón 1 abriranse ó público a partir das 19.30 horas.
Porriño, “O Concello do Deporte” acolle a Gala en recoñecemento ó seu vínculo co deporte do motor e será, tamén, unha das institucións colaboradoras galardoada por partida dobre.
Ademais de pola súa continuada colaboración co Rali Rias Baixas do que Porriño é un fito moi especial, tamén será recoñecido polo patrocinio do Rali Mix Concello do Porriño que se celebrou por primeira vez no fin de semana principal das Festas do Cristo.
Por otra banda, o Concello do Porriño manten un compromiso activo coas boas prácticas ó volante como acreditou co curso de conducción segura “CONDUCE CON XEITO”. Impartido gratuitamente a máis de 200 veciños e veciñas de O Porriño, con clases teóricas e prácticas que contaron coa colaboración de pilotos de rallys como os campeón de España Ivan Ares e José Pintor.
A alcaldesa Eva García e a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure serán as encargadas de recibir os galardóns que se otorgan ó Concello do Porriño.
Os preparativos para acoller a Gala da FGA comezarán a partir das 6 da mañan debido a que hoxe celebrase partido da Liga Guerreras do Balonmán Porriño que será retransmitido por Teledeporte, de xeito que haberá que retirar a pista azul e colocar un piso de goma que garanta a protección da superficie do Pavillón 1.