jueves. 21.11.2024

Castellón dará a oportunidade esta fin de semana a un total de quince dos nosos máis telentosos e talentosas lanzadoras das categorías base, a tomar parte no campionato de España de lanzamentos longos para as categorías Sub16, Sub18 e Sub20

Entre os mesmos atopánse varios dos medallistas nacionais nos últimos campionatos que acuden a esta primeira gran competición importante de aire libre da tempada como é o caso  da internacional e campioa de España Sub18 do ano pasado Blanca Pereira do Ourense Atletismo quen esta tempada estrea categoría Sub20. Mesmo caso é o do campión de España 2022 en xavelina Enzo López do Barbanza que vai estar tomando parte como atleta Sub18.

A subcampiona nacional en xavelina Lara Iglesias do Barbanza intentará estar nos postos de honra na mesma modalidade no seu debut na categoría Sub18.

O concurso de martelo Sub16 será unha das probas máis interesantes do campionato grazas a participación das atletas Marta Hermida e a subcampioa nacional Mar Simón, ambas do Celta Atletismo, líderes destacadas do ranking nacional e separadas entre elas por tan só catro centímetros.

Relación de atletas galegas e galegos
Relación de atletas galegas e galegos

Hugo Casañas do Rías Baixas será outro dos atletas importantes. O de Pontevedra xa gañaba o ano pasado o nacional Sub14, logrando recentemente tanto o subcampionato nacional de pista cuberta como o récord galegos Sub16 en peso.

A internacional e subcampioa nacional en peso Xiana Lago do Ría Ferrol, estará tamén poñendo a proba a súa preparación tomando parte neste lanzamento longo de disco Sub20. Na mesma categoría e modalidade o coruñés do Atletismo Sada Nicolás Ortega, intentará repetir o podio que xa conseguira o ano pasado nos nacionais de Torrent.

Por último Antía Otero do Atletismo Narón será outra das atletas que aspiren a reeeditar e mesmo mellorar, o seu terceiro posto do ano pasado no concurso de xavelina Sub16.

As lanzadoras e lanzadores galegos na procura de bos resultados no estatal de Castellón
Comentarios