lunes. 23.12.2024

Na casa do Concello de Salvaterra de Miño presentouse este venres o partido amigable entre España e Portugal que se celebrará o mércores 8 de novembro ás 19.00 horas no Pavillón Candido Carrera. Este será o segundo encontro entre as dúas grandes potencias do fútbol sala feminino europeo xa que previamente disputarán o primeiro dos amigables o martes 7 de novembro ás 18.30 horas na localidade de Verín logo do acordo ó que a
Real Federación Galega de Fútbol chegou cos dous concellos.

Este será o segundo partido amigable entre España e Portugal, o primeiro disputarase en Verín

A selección española que ven de proclamarse neste 2023 campioa de Europa de fútbol sala volta a Galicia casi catro anos despois nun dobre compromiso que está a punto de colgar o cartel de entradas esgotadas e que poderá verse a través de Teledeporte e RTVE Play.

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, valorou que “un evento deportivo de tal relevancia chegue a Salvaterra de Miño pondo de manifeso o auxe do deporte femenino que agardemos manteña esa liña ascendente”.

O fútbol sala feminino europeo dase cita para un amigable España-Portugal en Salvaterra
Comentarios