viernes. 22.11.2024

'Voando coas aas da vida', o legado artístico de Avelino Cachafeiro nun mural e un poemario

Avelino Cachafeiro, o gaiteiro que levou a música desde Galiza, a través do punteiro por América e mesmo pola  península ata que foron sorprendidos pola Guerra Civil en Barcelona, desfacéndose o grupo Os Gaiteiros de Soutelo, datas cando cambia o roncón pola caneta e escribe  "Voando coas aas da vida", un poemario de 42 versos prologado por Ramón Otero Pedrayo, onde reflexa o amor, a terra e mesmo a nostalxia das cantigas de Terra de Montes.
O mural pintado polo inesquecible  Avelino Cachafeiro, pintado no antigo bar Changui, reubicarase  no Auditorio de Forcarei.

Alen de rexentar unha gasolineira en Soutelo de Montes, no mesmo lugar estivo o frente da Sala de Festas "Changüi", aquela, onde o coterráneo e afamado Virxilio Vieitez, retratou ao vecindario en bodas e banquetes.

Nese mesmo lugar, que acollera celebres sesións de baile na década dos 70 e principios dos 80, existe un mural realizado por polifacético  Avelino Cachafeiro, tamen pintor.

A peza artistica de 2,5  por 1,5 metros, titulada igoal que o libro de poemas, elaborada entre 1968 e 1969, incrustada nun tabique, amosa a imaxe dun gaiteiro con monteira, dedos no punteiro e unhas  ás que simulam un voo.

A obra, donada polo sobriño do afamado Avelino, Francisco Alberte ao Concello de Forcarei, para trasladarse ao Auditorio Municipal, traballos que se levarán a cabo contando coa colaboración desinteresada de técnicos  e empresas  locais  debido á complexidade da técnica.

'Voando coas aas da vida', o legado artístico de Avelino Cachafeiro nun mural e un...
Comentarios