viernes. 22.11.2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, Lunwerg Editores e o Concello de Lugo presentan a exposición de imaxes do recoñecido fotógrafo Philippe Plisson, «Vivir o mar». Inaugurarase mañá martes 04 de maio, ás 11.00 h, nunha convocatoria só para gráficos, a pé de rúa na Praza Maior, onde se poderá visitar ata o vindeiro 31 de maio, ampliando, deste xeito, a cultura a espazos abertos. Asistirán ao acto de inauguración Tareixa Ferreiro Tallón, concelleira de Cultura e vicepresidenta da Deputación, Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación e Javier Soto Garrido, director territorial ABANCA en Lugo.

«Vivir o mar» componse de 35 paneis, con imaxes e textos, e entre elas algunhas das pezas máis icónicas asinadas por Plisson nas que se recollen imaxes mariñas de todas as latitudes. Esta homenaxe ao medio mariño, e a todas aquelas persoas cuxo medio de vida depende del, ten como obxectivo difundir o respecto ao medio ambiente e promover os  Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en concreto, o 14 (Vida submarina), o 13 (Acción polo clima) e o 4 (Educación de calidade).

'Vivir o mar'